Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha


    A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xa temos portada para o libro.
Esta é a portada do libro que moi axiña verá a luz e no que levamos traballando dende o pasado ano. De momento non podemos dar máis información, tan só dicir que agardamos podelo presentar publicamente neste mes de marzo e que en breve periodo de tempo informaremos con todo detalle.


Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 03-03-2011 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea Xeral Ordinaria 2011
O pasado sábado día 15, celebramos a asemblea ordinaria anual na que foi presentado o estado das contas e tamén se analizaron as actividades desenvolvidas durante o pasado ano.

Así mesmo expuxéronse e debatéronse novos proxectos para o anos 2011.
En primeiro lugar a edición dun libro cunha escolma de fotografías da nosa parroquia, Torás. Tamén acordamos realizar algunha excursión ao longo do ano e unha nova exposición fotográfica dado o aumento de fotos que a asociación ten recompilado.




Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 18-01-2011 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
A Cutareira felicítate polo nadal
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 24-12-2010 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
Entrega da cesta do nadal
No día de hoxe apareceu o boleto premiado coa cesta de nadal, (en realidade un baúl). Parabéns ao noso veciño Luciano, posuídor do nº 613.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 15-12-2010 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
A reclamación da Cutareira no informe anual do Valedor do Pobo

No informe anual do Valedor do Pobo consta a nosa reclamación contra o goberno do concello da Laracha polo veto que este mantén sobre a A.V.V. ?A Cutareira ? negándolle o dereito a participar na convocatoria anual de subvencións en igualdade de condicións que ao resto do asociacionismo de todo o concello.

Até 2006, e como en calquera outro concello, as asociacións veciñais podían optar a recibir subvencións sempre que cumpriran os requisitos loxicamente, mais a partir dese ano deixouse de contar con nós á hora da concesión de subvencións e nin tan sequera estamos convocadas.

QUE FIXEMOS AO RESPECTO?


Amosamos a nosa disconformidade no concello, informamos do que estaba pasando á veciñanza mediante o reparto do noso boletín (O Cutaxornal)e puxémolo en coñecemento das administracións (Valedor do Pobo).

Podes ver o informe anual do Valedor do Pobo clicando aquí (no referente á Cutareira busca o punto 1.13.3.1.3)

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 14-12-2010 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
Sorteo da Cesta do Nadal
O nº gañador do sorteo da Cesta do Nadal da A.V.V. "A Cutareira", celebrado onte día 10 de decembro, foi o 613.
Se dispós do boleto con este número, parabéns e xa sabes que dispós de 15 días a partir de hoxe para recoller o premio.

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 11-12-2010 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
Sorteo de Nadal
TODOS OS BOLETOS ESTÁN VENDIDOS.

A persoa posuídora do boleto cuxas tres últimas cifras coincidan co número gañador do sorteo da ONCE do día 10 de decembro, recibirá como premo unha "Cesta de Nadal" como o da foto.

Que teñas sorte!




Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 23-11-2010 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Próxima mostra fotográfica
Continuamos recibindo fotos antigas do concello co obxectivo de elaborar unha renovada exposición fotográfica para o vindeiro ano. Nesta ocasión, e como novidade, marcámonos o obxectivo de editar un libro composto polas instantáneas que a veciñanza nos fagades chegar.

En breve espazo de tempo temos pensado comezar a traballar na edición deste libro, polo que se tés fotos antigas da Laracha e queres formar parte desta iniciativa pregámosche que te poñas en contacto coa A.V.V. ?A Cutareira? a través do correo electrónico: acutareira@yahoo.es ou no Tlf: 653 618 955.

Todas son válidas: a vida labrega, mariñeira, gandeira, romarías, feiras, o antroido, no río de lavar, nas fontes, A Laracha antiga, festas, acontecementos sociais, cumpreanos, da emigración, da mili, bares ou comercios xa desaparecidos, verbenas, etc...


Lembrámosche que non usamos as fotos orixinais, escaneámolas e devolvémoschas ao instante, polo que non hai risco de perda nin deterioro dos orixinais.

Máis información aquí


Información sobre a exposición en 2009 aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 31-10-2010 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Sorteamos unha cesta do Nadal

Xa estamos a traballar na edición dunha nova exposición de fotos antigas do concello da Laracha. O pasado ano, logo de facermos unha selección das fotos, editamos un audiovisual en formato DVD e para o vindeiro ano temos pensado facer unha nova exposición fotográfica e editar un libro con estas fotos.

Como todo isto implica gastos, e o goberno do concello non subvenciona as actividades da Asociación Veciñal ?A Cutareira?, estamos a pedir a colaboración da veciñanza no sorteo dunha Cesta do Nadal, que nos axude a sufragar parte dos gastos destas actividades.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 09-10-2010 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
Nova exposición de fotos antigas
Estamos a traballar nunha nova exposición de fotos antigas sobre A Laracha. Na última ocasión en 2009, esta estivo composta por máis de 550 fotografías que foron expostas publicamente na Aula Cultural de Caixa Galicia e culminou coa edición dun audiovisual en formato DVD.

Agora pretendemos conseguir máis fotos para facer unha exposición renovada e ampliada e tamén temos a intención de editar un libro elaborado principalmente por unha ampla selección das fotografías das que dispoñemos, contribuíndo así facer visíbel a memoria colectiva da veciñanza larachesa e facilitar o acceso a todo o mundo mediante esta recompilación fotográfica a través do tempo.

QUE TIPO DE FOTOS BUSCAMOS?


Todas son válidas: a vida labrega, mariñeira, gandeira, romarías, feiras, o antroido, no río de lavar, nas fontes, A Laracha antiga, festas, acontecementos sociais, cumpreanos, da emigración, da mili, bares ou comercios xa desaparecidos, verbenas, etc...

QUE FACEMOS COAS FOTOS ORIXINAIS?


NON EXPOÑEMOS FOTOS ORIXINAIS. Pasamos a recollelas onde ti nos digas, ou ben se o desexas podes estar presente no momento de escanealas e xa chas devolvemos ao momento (1 hora ou menos).

Este é un precioso e ilusionante proxecto que precisa de ti para que poidamos levalo a cabo. Seguro que se buscas na túa casa ou na dos teus familiares tés algunha foto que poida resultar interesante.

Contamos contigo. Anímate e participa.


Para calquera cuestión chámanos ou envíanos un correo.
Tlf: 653 618 955 - acutareira@yahoo.es
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 02-10-2010 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0