A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II Mostra de Teatro




































A Asociación Veciñal "A Cutareira" da Laracha, presenta a II Mostra de Teatro mañán sábado, 12 de xullo, ás 20:00 na Casa da Cultura da Laracha.


O Taller de Teatro ven funcionando desde hai dous anos, baixo a dirección do actor e director Francisco Alvarellos e nel participan 18 mulleres da nosa asociación.

Nesta ocasión preséntannos unha serie de pezas curtas inspiradas nos entremeses clásicos que recollen diferentes aspectos da vida cotiá, porque a vida.... é teatro, puro teatro.


Desde a directiva da Cutareira, convidamos ás veciñas e veciños a compartir unha hora de espectáculo e humor.

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 11-07-2014 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Domingo de teatro do escracho coa nosa asociación de veciñ@s
Esta actividade espertou moito interese n@s soci@s da A.VV. de veciñ@s do noso concello.Cun amplo abano na idade d@s participantes, que poden chegar até 99 anos, pretendemos reivindicar a xustiza social tamén facendo teatro e mantendo o sorriso.
O domingo 30, ás 9 da noite, actuaremos na casa da cultura da Laracha.


Nesta nova actividade, impartida por Paco Alvarellos, descubrimos que a risa é unha potente ferramenta curativa. Ríndonos con todo o corpo provocamos a participación de 400 músculos, liberamos endorfinas, segregamos adrenalina, ventilamos os pulmóns (tamén chamados alegrías), relaxamos os músculos, tranquilizamos os nervios, evitamos os resfríos e aumentamos a vitalidade xeral.
Decatástesvos de que, entre todas e todos, cantos músculos facemos traballar?
Pois iso, xa que a risa é un estímulo eficaz contra o estrés, a depresión e a preocupación que provocan as medidas restritivas do goberno da Xunta de Galiza e de Madrid, continuamos ríndonos na actividade de teatro do escracho que organizamos nA Cutareira, único pase ás 9 da noite.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 29-06-2013 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
A cachela de San Xoán 2.012
Chegou o San Xoán unha das noites máis máxicas e especiais do ano, e a máis curta. Limpamos os meigallos, celebramos a chegada do verán e fixemos una paparota veciñal nunha leira da avda. López Astrai. Un plan completo ao que se pode sumou quen quixo.
Podes acceder aquí á galería de fotos.

Cousas a facer polo San Xoán:

Primeiro de todo, cómpre limpar os meigallos. Non se pode comezar o verán sen levar o corpo inmaculado, deixando lonxe de nós as meigas, os trasnos e os aparecidos, que no solsticio saen dos seus agochos para apoderárense da noite, tal e como conta a tradición.

O primeiro é achegarse a unha cachela aceso e saltala. Cómpre facelo un número impar de veces, que non sexa 1 nin 3, e dende lados distintos cada vez. Dicindo o consabido “cachela de San Xoán, que non me morda nin cobra nin can" e coidadiño cos chimpos pois a cachela, aínda acesa, pero con pouco lume, máis ben fume.
Nas cachelas poden queimarse todo do que queiras desfacerte, entre eles os meigallos hai que afumalos para liberarse deles.

A fecundidade e as herbas 'menciñeiras:

Porén, contra estes males da noite máxica non só se loita co lume, a natureza ofrece tamén valiosos antídotos: a auga e as plantas. As fontes coñecidas como milagreiras ven aumentados os seus poderes esta noite e o mar, ademais de librarte do mal de ollo ten facultades fecundadoras nunha noite coma hoxe.

Na tradición galega, a maternidade e o matrimonio teñen un papel moi importante nunha noite coma a de San Xoán, no mar cóntanse diversas tradicións para potenciar a fecundidade da muller, como a de bañarse á media noite ou deixarse mollar por nove ondas.

As herbas menciñeiras e aromáticas teñen tamén un papel importante e forman parte do último ritual da noite. Hai que recoller as herbas (san xoáns, herba luísa, anises, fiuncho, codeso, malvas, artemisa, etc.) antes do remate do día, póñense en auga e déixanse toda a noite 'ao sereo' para pola mañá, logo de que o orballo caese sobre a auga, empregala para lavar a cara e librarse así dos males que puidesen afectar, a pesar de todas as precaucións tomadas.

E a paparotas:

logo tamén están as paparotas para continuar coa tradición. Ás sardiñas asadas pingando o pan bergantiñán, podéndose engadir o, relativamente recente, churrasco e grolos de viño.
Comentarios (1) - Categoría: Actividade - Publicado o 16-06-2012 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
Un espectacular roteiro de 12 horas pola Costa Ártabra

Un espectacular roteiro de 12 horas pola Costa Ártabra, realizado pola nosa asociación, entre as rías de Ares e a de Ortigueira. Cen quilómetros de liña costeira coas combinacións paisaxísticas de mar e terra máis espectaculares do arco atlántico: tres rías (Ares, Ferrol e Cedeira), areais xenerosos en ondas e dunas, lagoas litorais e cantís.

Na ría de Ferrol, cabo Prioriño e un pouco máis ao norte o cabo Prior. Entre eles sitúase a praia de Doniños, que posúe a primeira das lagoas litorais características desta zona.

A meirande é a lagoa da Frouxeira, a única de augas salobres, situada na praia de Valdoviño. Alí fixemos un descanso para xantar.

Rematamos,despois da visita obrigada ás Fragas do Eume, cun relaxante paseo polo bonito casco histórico de Pontedeume.

Resumo da viaxe en fotos AQUÍ

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 30-04-2012 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
Novas actividades

O Venres 30 de Marzo tivo lugar na casa de cultura do concello da Laracha unha asemblea extraordinaria da asociación na que se ratificaron os cargos da Xunta Directiva.

Na reunión tamén se aprobaron a realización de diversas propostas, como a continuación do programa coñecer Galiza.

Esta actividade consiste na realización de viaxes / excursións polas comarcas, cidades e pobos de Galiza. Previamente ou ao comezo do percorrido, infórmase sobre os lugares a visitar, xeografía e historia, festas, feiras, monumentos…As vindeiras propostas posiblemente serán un roteiro por San Sadurniño, Ferrol, Vigo.

Cabe a posibilidade de que, contando con suficientes asistentes, se realice unha nova actividade: o teatro para adultos.

Por outra parte, acordouse que as cotas socias/os do ano 2012 se manteñan sen variación.
Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 01-04-2012 03:09
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea extraordinaria
O venres 3 de febreiro celebraremos unha asemblea extraordinaria onde deberemos iniciar o proceso para elixir a nova xunta directiva que estará á fronte da asociación durante os dous próximos anos.

LUGAR: Casa da Cultura (Rúa Manuel Murguía)
HORA: 20:00h 1ª convocatoria-20:30h 2ª convocatoria

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 01-02-2012 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Resposta do Valedor do Pobo

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 31-01-2012 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
A Cutareira nos medios de comunicación

Comentarios (0) - Categoría: Actividade - Publicado o 27-01-2012 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea ordinaria
O venres 20 de xaneiro celebraremos unha asemblea ordinaria coa seguinte orde do día:

-Lectura da última acta e aprobación, se procede.
-Estado das contas e aprobación, se procede.
-Resumo de traballo durante o 2011.
-Varios.

Lugar: Casa da Cultura, 1º andar. Rúa Manuel Murguía.
Hora: 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda convocatoria.

Comentarios (1) - Categoría: Actividade - Publicado o 14-01-2012 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Vídeo publicitario de "Unha Volta Polo Pasado"
Vídeo publicitario do libro editado pola asociación veciñal "A Cutareira".



Comentarios (1) - Categoría: Actividade - Publicado o 30-10-2011 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal