A.V.V. A Cutareira de Torás-A Laracha



acutareira@yahoo.es
 CATEGORIA
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Apagouse a cachela do San Xoán 2014
Rematou o San Xoán, unha das noites máis máxicas e especiais do ano, e a máis curta. A demais de limparnos os meigallos e celebrar a chegada do verán, fixemos una festa veciñal. Un plan moi animado ao que se sumou máis xente da que agardabamos para, finalmente, saltar a cachela un número impar de veces, que non fose nin unha nin tres, e dende lados distintos cada vez.
Dicindo o consabido “cachela de San Xoán, que non me morda nin cobra nin can" tivemos coidadiño cos chimpos pois a cachela, aínda que xa tiña pouco lume, estaba acesa. E fume das herbas menciñeiras e aromáticas tamén colaboraba...
Na cachela queimáronse cousas que xa non facían falla e até alguén (Antón do Dantón) fixo fotos e vídeo dun moble do seu local reformado e do que quería facer a súa historia.
Agora, as veciñas e veciños xa están pensando na cachela do San Pedro.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 24-06-2014 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
O teatro: a nova actividade da A.VV. para adultos é un éxito incuestionábel.
O teatro é unha actividade que espertou moito interese das veciñas e veciños do noso concello.

Os martes, de 19:00 a 20:30 horas ensaiamos no escenario da salón de actos da casa da cultura.
Cun amplo abano na idade dos participantes, que pode abarcar dende os 18 aos 99 anos, pretendemos reivindicar a xustiza social tamén facendo teatro e mantendo o sorriso.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 14-10-2012 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMA PERCORRENDO GALIZA (Vigo, Pontevedra, Costa da Vela)
ASOCIACIÓN VECIÑAL A CUTAREIRA- A LARACHA

EXCURSIÓN PONTEVEDRA –VIGO
COSTA DA VELA.

DOMINGO 7 DE OUTUBRO.

09:00 horas

* Saída da explanada do Instituto.
* Visita á cidade de Vigo.
* Xantar no Pazo da Cultura de Pontevedra.
* Roteiro polo casco histórico de Pontevedra.
* Percorrido pola Costa da Vela.

21:00 horas

* Chegada á Laracha.

PREZO:

Autobús + xantar: socias/os 23 euros
(non socias/os 26 €, menores de 12 anos autobús gratis)

Reserva de praza:
Tlfnos:679 45 71 05 (Antón)
650 42 69 53 (Fernando)
981 60 50 30
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 01-10-2012 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
Nova actividade de teatro e excursión
Benquerida veciña/o:

O vindeiro Martes 25 de Setembro celebraremos na casa da cultura do concello da Laracha unha asemblea extraordinaria da asociación, ás 20:00h en primeira convocatoria e ás 20:30h en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

1. Actividade de teatro

(nova actividade para adultos)pretendemos reivindicar a xustiza social tamén facendo teatro e mantendo o sorriso. Porque? Pois porque nesta nova actividade, impartida por Paco alvarellos, descubriremos que a risa é unha potente ferramenta curativa. Ríndonos con todo o corpo provocamos a participación de 400 músculos, liberamos endorfinas, segregamos adrenalina, ventilamos os pulmóns (tamén chamados alegrías), relaxamos os músculos, tranquilizamos os nervios, evitamos os resfríos e aumentamos a vitalidade xeral.

Decatástesvos de que, entre todas e todos, cantos músculos faremos traballar?

Pois xa que a risa é un estímulo eficaz contra o estrés, a depresión e a tristura que provocan as medidas restrictivas do goberno da Xunta e de Madrid, imos rirnos na nova actividade de teatro que estamos organizando!

2.Excursión a Pontevedra

Hai dúas alternativas que rematan nun roteiro polo casco histórico de Pontevedra e xantar no Pazo da Cultura. Xa iremos concretando, pero adiantamos que o xantar costa 10 euros + IVE por persoa e o transporte outros 10 euros.

3.Varios

propostas, preguntas...


Agardando a túa asistencia, recibe unha forte aperta.

A Xunta Directiva
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 21-09-2012 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA a reflexión_un documentario de Xosé Bocixa


O que podemos resumir do video d@s representantes da Cultura Galega que subimos aquí e que é necesario mudar as condicións para deter os ataques contra o idioma que nos une, que nos identifica.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 17-05-2012 01:30
# Ligazón permanente a este artigo
Novo roteiro: Costa Ártabra
ASOCIACIÓN VECIÑAL A CUTAREIRA- A LARACHA

PROGRAMA PERCORRENDO GALIZA:
EXCURSIÓN Á COSTA ÁRTABRA.


O Magnus Portus Artabrorum é o nome con que os romanos denominaron un lugar do ángulo noroeste da costa de Galiza, entre as rías de Ares e a de Ortigueira. Cen quilómetros de liña costeira coas combinacións paisaxísticas de mar e terra máis
espectaculares do arco atlántico: tres rías, areais xenerosos en ondas e dunas, lagoas litorais e cantís.

DOMINGO 29 DE ABRIL


PROGRAMA:

Este roteiro, de intenso contido, divídese en dúas sesións:

09:00. Saída da explanada do Instituto.

Pola mañán:
Visita a Ferrol e arredores (cabo Prior e Prioriño)

14:30 Xantar
(restaurante en Valdoviño)

Pola tarde:
Percorrido pola costa de Valdoviño:
Lagoa da Frouxeira, Pantín, Vilarrube,....
Visita a Moeche,Pontedeume, Parque Natural Fragas do Eume.
21:00 Chegada á Laracha.

PREZO:
Autobús: 8 euros (menores de 12 anos gratis).
Xantar: 12 euros.

Reserva de praza:
Tlfnos:679 45 71 05 (Antón)
650 42 69 53 (Fernando)
981 60 50 30
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 16-04-2012 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea Xeral - Venres 30 de Marzo de 2.012
Estimada veciña/o:

O vindeiro Venres 30 de Marzo terá lugar, na casa da cultura do concello da Laracha, unha asemblea extraordinaria da asociación, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orden do día:

1. Ratificación dos cargos da Xunta directiva.

2. Actividades para o ano 2012 (Viaxes, actos, celebracións, ...)

3. Cotas socias/os ano 2012 (A directiva propón que se manteñan sen variación). Se procede o acordo, poderase abonar a cota na propia xuntanza.

4. Varios.

* Pregamos a vosa asistencia xa que imos a decidir entre todas e todos as distintas actividades a realizar ao longo do ano.

Se a aula do 1º andar estivera ocupada, a xuntanza farémola no salón de actos da propia casa da cultura.

Sen máis, recibe unha forte aperta.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 15-03-2012 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiras pinceladas
Prezadas socias e socios:
pregamos un pouco de pacencia a todas as persoas que agarden pola programación da Cutareira. Estamos cos traballos propios do cambio parcial de directiva e dando as primeiras pinceladas ao proxecto de actividades da asociación.

Agardamos que, en canto sexa posíbel, celebremos unha asemblea para realizar unha exposición e debate das vindeiras actividades.

Un saúdo da directiva.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 11-03-2012 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Salvamento Acuático na Laracha
O SAL é o equipo de Salvamento Acuático da Laracha no que nenas e nenos entrenan xuntos e aprenden o valor do traballo en equipo. Practican xuntos un deporte completo (natación, atletismo, surf, remo, ...), cun valor engadido: @s deportistas aprenden a salvar vidas.
Por iso, desde a A.VV. A Cutareira, aproveitando que, hoxe, o SAL está a participar no Campionato Galego en Caldas de Reis,convidámoste a visionar este video e a compartilo entre as veciñas e veciños do noso concello ou de outros.
Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 12-02-2012 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
A Laracha dos nosos avós
Presentación empregada polo alumnado de Bioloxía de 4º do IES Agra de Leborís para introducir o traballo de investigación "Cos pés na terra", no que, partindo de entrevistas persoais, analizaron o modo de vida das xeracións anteriores do noso concello, e como variou a pegada ecolóxica que deixamos. Un traballo valioso, feito por xoves de 15 a 17 anos, que, desde a nosa asociación, agardamos poder publicar algún día.


Comentarios (0) - Categoría: A Laracha - Publicado o 05-02-2012 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal