|
|
|
Comarca Natural de Bergantiños |
|
A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños editou e presentou o pasado mes de outubro o libro "Comarca Natural de Bergantiños". Esta obra, de Salvador Parga Pondal, é o primeiro traballo que estuda polo miúdo a comarca de Bergantiños desde a súa globalidade, demostrando un perfectísimo coñecemento de cada recanto da terra bergantiñá, recuperando a memoria dunha etapa da historia da comarca de Bergantiños que servirá para que os bergantiñáns, en xeral, e os docentes e dinamizadores da comarca, en particular, obteñan unha ferramenta coa que coñecer cada vez mellor a terra na que viven e, sobre todo, na que traballan.
A obra está ilustrada con 48 magníficas fotografías en BN sacadas polo laxense insigne Xosé Vidal e tamén polo fotógafo santiagués Ksado. O filólogo Xosé Manuel Varela Varela encargouse da tradución do castelán para o galego e da supervisión de probas de imprenta. José María Varela Martínez levou a cabo o traballo de coordinación do proxecto á hora a da súa presentación e divulgación ó longo da comarca.
Podes descargar o libro en PDF aquí.
|
|
|
|
Concurso de fotografía |
|
A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños convoca a 1ª Edición do Concurso Fotográfico ?Comarca Natural de Bergantiños?, unha iniciativa coa que se pretende poñer en valor o territorio, os oficios, a natureza, a etnografía, a xente e o desenvolvemento da bisbarra bergantiñá.
O prazo para presentar as candidaturas estará aberto ata o vindeiro 31 de outubro de 2011 e estas deberán presentarse nas oficinas do GDR ?Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños? localizadas no lugar A Camposa, s/n en Buño (Centro Comarcal de Bergantiños), en horario de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres.
Ler máis...
BASES DO CONCURSO |
|
|
|
Oferta de posto de traballo en Carballo |
|
O Concello de Carballo abre un proceso selectivo para a contratación dun ou dunha profesora de gaita para o Conservatorio Municipal de Música mentres dure o período de excedencia a solicitado polo profesor de gaita do citado Conservatorio.
Máis información clicando aquí. |
|
|
|
Grupo de Desenvolvemento Rural de Bergantiños |
|
Mañá, terza feira (mércores) 15 de setembro, ábrese o prazo para a presentación de proxectos subvencionados con cargo ao Plan Leader de Galiza 2007-2013 xestionado polo GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) de Bergantiños.
O prazo de presentación para estes proxectos rematará o 1 de setembro do ano 2013.
Estas axudas están orientadas a favorecer o desenvolvemento do rural na nosa comarca mediante o fomento de actividades turísticas, de modernización do rural, da creación de microempresas, promoción de servizos básicos para a economía e a poboación rural, etc...
Para valorar todos os proxectos existen, loxicamente, uns baremos que definirán a contía da subvención aplicábel.
Se estás interesada/o podes poñerte en contacto con esta asociación desde onde che subministraremos a información referente á convocatoria das axudas e os baremos aplicábeis, ou ben podes dirixirte directamente á sede do GDR de Bergantiños:
Enderezo: A Camposa s/n - Buño - 15111 Malpica de Bergantiños
Teléfono: 981 711 070 |
|
|
|
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO |
|
 Aberto o prazo de convocatoria para unha praza, de persoal laboral temporal,na categoría de técnico de administración informática, no Consorcio de Bombeiros da Coruña.
Publicouse no BOP do día 12 de agosto e o prazo de
presentación de solicitudes comezou o día 18 de agosto e remata o 27.
|
|
|
|
RECURSOS PARA O GALEGO |
|
O noso veciño da Laracha e Deputado Provincial, Xoán Manuel Sande Muñiz ( responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade e Normalización Lingüística) presentou hoxe en rolda de prensa distintas melloras no espazo web ?recursosparaogalego.com?, creado en 2008 co obxectivo de:
-Ligar o galego ás novas tecnoloxías e utilizar estas como espazo de normalización.
-Fomentar o emprego do software libre, amosar as ferramentas para configurar os equipos, facilitar o seu emprego nos documentos da administración local.
-Estender o uso de correctores da lingua galega.
-Dar a coñecer as ferramentas lingüísticas e sociolingüísticas que se poden atopar na rede, e amosar páxinas de interese que fomenten a cultura e lingua galega.
Xoán Manuel Sande Muñiz enmarcou esta iniciativa no obxectivo da Deputación da Coruña de promover o galego, e lembrou que ?é unha obriga das administracións públicas impulsar o uso da nosa lingua?.
Nesta páxina poderemos encontrar tradutores, correctores ortográficos, manuais de gramática, buscador de topónimos galegos, significado e orixes dos nomes galegos, lexislacións, promagas en galego de balde, cursos interactivos de galego, etc... |
|
|
|
SUBVENCIÓNS PARA OS LIBROS DE TEXTO |
|
A Consellaría de Educación aumenta as axudas previstas inicialmente para os libros de texto, pero aínda así son claramente insuficientes a respecto dos pasados anos en que os libros eran de balde.
Unha familia de 4 membros con ingresos totais entre 21600 e 36000? anuais percibirá polo menos 104? por cada filla ou fillo (antes de balde).
No caso dun pai ou dunha nai, cun único fillo ou filla, a axuda será de 104? sempre que os ingresos non excedan de 18000? anuais.
Considérase ?gratuidade? a quen percibe a axuda de 180?, xa que estiman que será suficiente para cubrir os gastos dos libros de texto e aseguran que esta gratuidade estará garantida para as familias de 4 membros nas que non entren máis de 21.600? anuais.
Vexamos un exemplo:
-Familia de 4 membros ( pai, nai e dous fillos) con ingresos inferiores a 21.600?
21600/2= 10800? anuais de ingresos por cada un deles.
Ao ano son 12 pagas, e se sumamos 2 pagas extraordinarias estariamos a falar dun salario de 10800/14=771? ao mes.
Ou sexa que para que unha familia composta por 4 persoas poida percibir 180? de axuda por alumno, é preciso o pai /nai non supere uns ingresos de 771? cada un ao mes.
Máis información aquí |
|
|
|
ACABOUSE A GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO |
|
Información extraída de REIBONTECA/
Nota enviada pola Consellería con data 26 de xuño.
A Consellería de Educación informa aos centros educativos das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar:
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria achegará 180 ? por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos.
A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar ?ou ata 6.000 ?, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar ?ou entre 6.000 e 9.000 ? no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.
Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares.
A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos. A Consellería implantará un sistema de tramitación que non supoña un traballo adicional para os centros, do que se informará en canto se ultimen os detalles.
Implantación progresiva:
O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13. Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro.
Durante o mes de xullo sariá publicado no DOG a convocatoria de reposición para estes cursos nos que se mantén o préstamo o vindeiro curso, que será similar á de anos anteriores en canto a importes máximos.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009
O DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS
José Manuel Pinal Rodríguez
Con esta medida de reducción de gasto público o goberno da Xunta aforrará 21 millóns de Euros, mais tamén haberá que preguntarse se realmente isto nos beneficia ou nos prexudica.
|
|
|
|
AXUDAS POLO KLAUS |
|
A Consellaría de Medio Rural concede axudas para paliar os efectos nos montes galegos tras o temporal de vento que padeceu Galiza.
A orde do 7 de abril de 2009 desenvolve as medidas urxentes previstas no Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, para a recuperación das zonas forestais polos danos causados polo temporal acaecido na Galiza a partir do 23 de xaneiro.
O prazo está aberto até o 8 de Maio.
Clica aquí para saber obteres máis información.
|
|
|
|
PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DA XUNTA DE GALIZA |
|
INFORMÁMOSTE QUE SEGUNDO ACABA DE PUBLICARSE NO D.O.G. DO DÍA DE HOXE, ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN NAS LISTAXES DE CONTRATACIÓN DA XUNTA DE GALIZA EN DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL.
PODES DESCARGAR O D.O.G. AQUÍ .
TÉS TODA A INFORMACIÓN RELACIONADA NA PÁXINA 7118.
|
|
|
|
|
|
|