Culleredo ACUDE


Blog de ACUDE Culleredo
ACUDE xorde para que os veciños e veciñas de Culleredo teñan voz, voto e decisión no goberno local. Se queres cambiar o concello... ACUDE!

O meu perfil
contacto@culleredoacude.gzpot.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ACUDE presentou a candidatura finalmente como Partido da Terra
Circunstancias burocráticas obrígannos a rectificar a información relativa a que ACUDE Culleredo concorrería ás eleccións de maio como Piratas de Galicia, e á súa vez informamos que presentamos a candidatura como Partido da Terra.

Tras coñecer o erro de tramitación de ACUDE Culleredo como coalición entre o Partido da Terra e os Piratas de Galicia, as persoas integrantes deste movemento aceptaron por unanimidade o feito de presentarse ás eleccións co nome e logotipo deste último partido. A partir dese momento, inícianse os trámites para acudirmos ás urnas como piratas. Porén, advertidos de que na Xunta Electoral Central non constaba o documento acreditativo do representante xeral de Piratas de Galicia, e sabedores de que froito desta circunstancia os nomeamentos dos representantes provinciais e de zona carecería de validez (e, por tanto, desta forma non podería presentarse a candidatura), as persoas que compoñen ACUDE Culleredo optaron por aceptar o ofrecemento do Partido da Terra, cuxos nomeamentos de representantes xa foran admitidos polas diferentes xuntas electorais.

Pedimos desculpas polo cambio, desta vez producido por causas alleas tanto a ACUDE Culleredo como a ambos os partidos, e reiteramos que este cambio non variará a filosofía nin a forma de traballar de ACUDE que, aínda, seguirá a ser a alternativa máis experimentada en relación á demanda de transparencia, participación cidadá e democracia directa. E é que tanto ACUDE como os Piratas de Galicia e o Partido da Terra só perseguimos unha meta: lograr o ansiado cambio para Culleredo. Axúdasnos?
Comentarios (0) - Categoría: 4. Comunicados - Publicado o 22-04-2015 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal