Culleredo ACUDE


Blog de ACUDE Culleredo
ACUDE xorde para que os veciños e veciñas de Culleredo teñan voz, voto e decisión no goberno local. Se queres cambiar o concello... ACUDE!

O meu perfil
contacto@culleredoacude.gzpot.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ACUDE presentarase como Piratas de Galicia
Debido a un erro na tramitación da candidatura de ACUDE Culleredo como coalición entre os Piratas de Galicia e o Partido da Terra, anunciamos que concorreremos ás eleccións municipais de maio non como ACUDE, senón baixo as siglas de Piratas de Galicia.

Con todo, queremos anunciar que a nosa forma de traballar, os nosos compromisos, as nosas iniciativas e a nosa lista de candidatos e candidatas, se non hai algunha desafortunada novidade antes da finalización do prazo de inscrición, non se verán alteradas.

Por tanto, esta candidatura conta con todo o apoio dos integrantes deste movemento, da cal formarán parte tanto militantes de Piratas de Galicia como do Partido da Terra, así tamén persoas sen ningún tipo de militancia política. Estas, de feito, supoñen a maioría.

Xa para finalizar, pedímoslle desculpas ao electorado pola posible confusión que poida provocarlle esta mudanza, que non afectará en detrimento da vontade de cambio para Culleredo.
Comentarios (0) - Categoría: 4. Comunicados - Publicado o 15-04-2015 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal