acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Recensión de Labirinto ou memoria no Faro da Cultura
O xoves 13 de setembro, Román Raña dedicaba o seu espazo no Faro da Cultura a Labirinto ou memoria:

"Se vivir é padecer, lembrar é unha tortura"
"Ao longo do volume confirmamos que o corpo é unha casa e que a súa arquitectura constrúe unha memoria, Memoria dunha nena habitada de medos e cansazo..."

Agradecida pola lectura!
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 17-09-2018 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista no Diario Cultura

Con catarro e Urana (a cadela) ao fondo, esta foi a entrevista que Ana Romaní me fixo para o Diario Cultural, a propósito de Labirinto ou memoria.

Entrevista Diario Cultural.
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 12-09-2018 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Texto de Xavier Queipo sobre Labirinto ou memoria

"Lino dunha tirada á sombra dun bosque de faias, en Tervuren, onde no inicio do verán teño a miña sala de lectura privilexiada. Adoito definir os libros que vou lendo cun adxectivo: ... a verba que lle acae mellor ao sentimento que en min fixo acordar é conmovedor. Conmovedor polo que ten de revelador da intimidade pasada e como anticipo das marcas -algunha deles indelébeis- que a infancia deixou nesta muller, agora madura mais que leva experimentando o consolo na poesía dende a mocidade máis tenra por volta dos dezaseis anos."

Así comeza o texto co que Xavier Queipo me agasallou na presentación común dos nosos libros na Feira do libro da Coruña.

Moitas grazas Xavier.

O resto do texto pódese ler en culturagalega.gal.
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 12-09-2018 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Labirinto ou memoria no Diario Cultural

Esta semana algúns poemas de Labirinto ou memoria, poderán ser escoitados no Diario Cultural:

"escoito os ruídos da mañá...".

"imaxinas a memoria...".
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 11-09-2018 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática