acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Presentación de "Labirinto ou memoria" en Compostela

Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 23-06-2018 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Crónica da presentación de Labirinto ou memoria
Gabriel Romero de Ávila escribou en Vigoé unha crónica da presentación de Labirinto ou memoria en Cartabón.

Moi agradecida polas súas palabras:

"Marta Dacosta presenta en Librería Cartabón «Labirinto ou memoria», o seu último poemario"
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 19-06-2018 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
EUCRÉOTE

EUCRÉOTE, Arte contra as violencias machistas, é un proxecto de Luz Beloso, executado polo seu alumnado do IES As Barxas. Trátase de ilustrar poemas de distintas autoras e autores galegos.

Daniel Verdeal e Hugo Martínez de 2º de BAC, ilustraron así o primeiro poema de Na Casa da avoa.

Agradecida.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2018 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista no Chamando á terra

O 9 de xuño, María Solar, do programa Chamando á terra, entrevistoume para falar de Labirinto ou memoria.

Aquí está a entrevista:
http://www.crtvg.es/rg/destacados/chamando-a-terra-chamando-a-terra-do-dia-09-06-2018-3795374
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 19-06-2018 08:17
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de "Labirinto ou memoria" en Vigo

Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 07-06-2018 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
I Feria do libro de poesía "Paco Souto"

No ano 2016 Labirinto ou memoria estaba rematado. Busquei editor. E atopei a Paco Souto, á fronte de Caldeirón. Lembro vivamente a noite da entrega do Premio Vitoriano Taibo en Gondomar. Paco acompañaba a Xosé Iglesias. Cando volvían ao coche para emprender camiño deille o libro.
Era novembro. Días despois respostaba.
Logo xurdíu a publicación de Na casa da avoa, e adiamos Labirinto, para que non coincidisen os dous libros no mesmo ano.
O caso é que Paco partiu e xa non puido ver este labirinto que se ancora á súa memoria imprescindíbel.
Por iso tiña que estar na I Feira do Libro de Poesía de Malpica, con Eduardo Estévez, agora mergullado na edición de Caldeirón, con Paco de Tano, termando do proxecto, con Emma Abella, memoria viva de Paco.
Alí, no mercado, rodeada dos seus, cos libros colgando do teito como froitas apetitosas, fixémolo presente, como mellor soubemos.
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 03-06-2018 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática