acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

en preparación



Preparando unha nova publicación, da que axiña saberedes.

Agardo que vos preste.
Comentarios (0) - Categoría: des-tecer - Publicado o 21-06-2015 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
O escritor na súa terra: Xosé María Álvarez Cáccamo
Na memoria da lectora hai libros que perduran, ancorados ás imaxes do tempo que ordenaron. Libros que nos volven ao cuarto da moza adolescente e recuperan a luz que chegaba da ría. Libros como miliarios que marcan o camiño que nos trouxo ao presente e gardan as palabras coas que nos construímos.

No ano 87 están chantados “Arquitecturas de cinza” e "Luminoso lugar de abatimento" e a memoria devólveme lendo os poemas unha e outra vez, volvendo ao inicio do libro cando estaba rematado, querendo alterar a orde dos andeis por facer máis vistosos aqueles volumes.

Foron os primeiros títulos de Xosé María Álvarez Cáccamo que lin, o aviso para que reparase nos futuros.

En 1990 topei coas “aparencias entrando nas cámaras obscuras”, eu, tan pouco avisada, que non reparara en que, en estando Xavier Seoane no tribunal de oposicións, podería ter entre os textos a analizar este poema que fora por el comentado. Lino mil veces aquel día, e despois, o seu primeiro verso gravouse para sempre na memoria.

E así foi que, cando publiquei o meu primeiro libro, quixen ter dous lectores sobre todo, Bernardino Graña, a quen recorrín para o prólogo, e Xosé María Álvarez Cáccamo, a quen enviei un libro por correo postal.

Cando lía “Arquitecturas de cinza” e "Luminoso lugar de abatimento", non podía imaxinar a onde me levaría a vida. Mais hoxe estou aquí, despois de compartir libros, polémicas e consellos directivos da AELG, moitos versos. Por iso hoxe irei á homenaxe coas miñas “Arquitecturas de cinza”, para pedirlle a Pepe que deixe unha palabras nun dos libros que me descubriu a súa arte poética.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-06-2015 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática