acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Entrevista en Palavra comum
- Palavra Comum: Qual é o estado da literatura galega, do teu ponto de vista?
- Marta Dacosta: É o estado da lingua. Amordazada. Atada de pés e mans, imposibilitada de espreguizarse e moverse con liberdade. De mostrarse, de exhibir a súa beleza.

- Palavra Comum: Que caminhos (estéticos, de comunicação das obras com a sociedade, etc.) estimas interessantes para a criação literária hoje -e para a cultura galega, em particular-?
- Marta Dacosta: Desde o meu punto de vista, no literario, cómpre volver á palabra, ao protagonismo da palabra. Teño para min que a preocupación por proxectar a literatura e especialmente a poesía levounos a priorizar outros elementos por riba da propia forza da palabra e iso, que redundou beneficiosamente no produto resultante, non quere dicir, exactamente, que a palabra e o texto acadasen ese mesmo beneficio.
Por outro lado, entendo que a estética debe estar ao servizo da mensaxe, e que calquera que sexa a forma, o marco, o método, o canal que usemos, sempre debe haber un relato, unha idea que trasladar ou construír.
A capacidade de sermos orixinais ou abrirmos vías estéticas non transitadas é limitada. En todo caso, os camiños necesarios serán os que consigan que a literatura pase da man da súa creadora á receptora e que esta se apropie dela, ao descubrir que ten a capacidade de expresar o que está sentindo.

Aquí a entrevista completa: Palabra comum
Comentarios (0) - Categoría: entrevistas - Publicado o 30-04-2017 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Mondoñedo é poesía 2017
Comezamos maio en Mondoñedo.
Nas terras do autor do Don Hamlet, lerei versos que falan de Urraca, a Urraca descendente da que inspirou a Cunqueiro, da raíña.

Agradecida polo convite.
Comentarios (0) - Categoría: Recitais - Publicado o 30-04-2017 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de "Na casa da avoa" en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Na casa da avoa - Publicado o 24-04-2017 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de "Na casa da avoa" en Gondomar
Comentarios (0) - Categoría: Na casa da avoa - Publicado o 14-04-2017 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Na casa da avoa no club de lectura de Radiofusión
O 12 de abril, o club de lectura de Radiofusión falou de Na casa da avoa. Esther Val, Andrés C.M Riveira e Diana Castro falaron do libro, das avoas e leron tres poemas. A súa selección foi:

21 anos, páx. 65,
Dormentes, páx. 73 e
Penélope volve tecer, páx. 41.

Podedes escoitar o seu parladoiro neste enlace: Radio Fusión.
Comentarios (0) - Categoría: Na casa da avoa - Publicado o 14-04-2017 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Na casa da avoa no Diario Cultural
O 7 de abril, no Diario Cultural, falei con Ana Romaní sobre Na casa da avoa.

Grazas a programas coma este a nosa literatura é máis visíbel.

“É un texto que toma partido e que quere construír”.

Aquí podedes escoitar a entrevista: entrevista no Diario Cultural.

Comentarios (0) - Categoría: Na casa da avoa - Publicado o 14-04-2017 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Na casa da avoa en Falamos de libros
Na casa da avoa, o último libro de Marta Dacosta publicado na colección Dombate, chegaba o pasado mes de marzo ás librarías e xa fixo un oco nos andeis de lectores e críticos, sendo un dos favoritos na Tabela dos libros do blog Criticalia. A esta boa nova súmanse agora as lecturas de Ramón Rozas e Manrique Fernández.


Seguir lendo aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Na casa da avoa - Publicado o 14-04-2017 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Recensión de Na casa da avoa en O meu andel
Velaquí a lectura de Manrique Fernández no seu blog: "O meu andel"

Moitas grazas.

"A poeta xoga nos seus versos coa realidade ao falarnos de personaxes reais, como a súa propia avoa (que, dalgún xeito, representa as avoas de todos nós), e misturalos con personaxes literarias, históricas ou mitolóxicas"

"para darlle forma ao texto, a poeta reconstrúe coma se fose un verdadeiro tótem, a figura familiar e senlleira da avoa como espello no que se miran todas as mulleres. A humanidade toda, en realidade."

"Palabras que se perden entre as engurras das mans, entre as engurras do tempo e da memoria. Palabras sempre cheas de forza, que nos axitan algo por dentro mentres nos achegamos a comprender o universo que a poeta nos propón; mentres nos achegamos a comprendernos a nós mesmos tirando do fío da memoria común."
Comentarios (0) - Categoría: Na casa da avoa - Publicado o 09-04-2017 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
No taboleiro do libro galego
Na casa da avoa, acabado de imprimir o día 15 de marzo e cando leva menos de quince días nas librarías consegue facerse un oco entre os máis vendidos de poesía en febreiro e marzo.

Mais esta ledicia é moi efémera, porque nos entristece que este sexa o derradeiro taboleiro do libro Galego.

Grazas a Ramón Nicolás polo bo traballo que fai en prol do libro galego!
Comentarios (0) - Categoría: Na casa da avoa - Publicado o 04-04-2017 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
Os máis recomendados en abril

Agradecida a Armando Requeixo, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas, Mario Regueira e Inma Otero.
Comentarios (0) - Categoría: Na casa da avoa - Publicado o 04-04-2017 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Acuática