acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Taboleiro do libro galego

No Taboleiro do libro galego, do Caderno da crítica, argola figura como o 4º libro de poesía máis vendido en marzo.

Grazas.
Comentarios (2) - Categoría: Argola - Publicado o 30-04-2014 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Argola en Lugo
O vindeiro 9 de maio, presentaremso Argola en Lugo.

Será no Lar da A.C. Cultura Do País (Carril das Hortas, 1. Lugo, ás 20 horas.

Desta volta con Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán Noval.

Ficades convidadas e convidados
Comentarios (0) - Categoría: Argola - Publicado o 29-04-2014 08:26
# Ligazón permanente a este artigo
Recensión de Argola por Chus Nogueira
Este martes, 8 de abril, Chus Nogueira realizou unha recensión de Argola no Diario Cultural.

Os últimos libros "confirman unha tendencia que é a evolución a unha escrita que semella máis consciente desde o punto de vista do xénero e que se apoia na memoria familiar por unha banda e tamén na reescritura dos mitos por outra." Chus Nogueira


Comentarios (0) - Categoría: Argola - Publicado o 09-04-2014 07:58
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Argola en Moaña. Resumo
Este 3 de abril presentamos Argola en Moaña. Foi un acto da Irmandade do Pontillón que ten como caras visíbeis a Daniel Costas Currás e Benxa Riobóo. A presentación correo a cargo do poeta Xosé Manuel Millán Otero.

Na presentación Daniel Costas mencionou que lle alegraba poder presentarnos a un tempo, pois fora lector da nosa obra. Millán falou de promocións literarias e xeracións, e do feito de termos compartido a antoloxía Para saír do século.

Debatemos pois, aínda que brevemente, sobre a idoneidade das etiquetas elaboradas para analizar a poesía de finais do século XX, e sobre a idea de que talvez esas etiquetas teñan ocultado outra realidade moito máis complexa que só co tempo e a distancia poderá ser debidamente analizada, algo que eu empracei a Millán a que fixese, pois me consta a súa capacidade de análise neste campo.

Millán falou do ritmo dos poemas, de que no libro se explicita a oposición natureza / cultura, estando representada a natureza polas mulleres, gardadoras da identidade do pobo, e a cultura polo poder da urbe imperialista.

Millán tamén sinalou que atopaba a pegada de Rosalía, da Rosalía de “Do íntimo” en poemas como “Atraveso a noite”, páx. 31, ou “Esa son eu”, da páxina 33. A lectora, o lector xulgarán.
Comentarios (0) - Categoría: Argola - Publicado o 05-04-2014 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Argola en Vigo. Resumo
O 21 de marzo, presentamos Argola en Vigo. Desta vez foi Ramón Nicolás a persoa encargada de presentar o poemario, unha presentación que como ele mesmo sinalou en Caderno da Crítica xirou ao redor da evocación dun tempo, os anos 80, en que se conformaba unha xeración, a nosa, que comezaba timidamente a dar os primeiros pasos no ámbito da nosa literatura.

Volvendo a vista atrás falamos tamén da caracterización daquela xeración, que crecía mentres a reconversión naval se cebaba na nosa economía e as rúas de Vigo eran un ir e vir de manifestacións, algunhas delas motivadas polas primeiras folgas xerais convocadas polo nacionalismo. Eramos a xeración que saíra á rúa para reclamar un prezo axeitado nos buses, e que non podiamos rematar os noso estudos na cidade en que naceramos e acababamos por recalar en Compostela, crisol en que confluïamos e consolidabamos a nosa posición, política ou literaria, mentres coñeciamos Ólisbos, ou propiciabamos a creación do Grupo de Teatro en Galego, inédito en Filoloxía até 1988, Edicións do Dragón ou Letras de Cal. Eses somos nós, se a nosa actitude foi ou é comprometida co país, á vista está, como dicía Ramón Nicolás na presentación.

Ramón Nicolás rematou a súa intervención reeditando as palabras que dedicara a Argola na recensión que publicou no Caderno da Crítica en xaneiro de 2014, a primeira que recibía o libro.

Fotografía José Goris
Comentarios (0) - Categoría: Argola - Publicado o 05-04-2014 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Argola en Moaña
Presentación en Moaña de Argola, organizada por Xosé Daniel Costas Currás e con Xosé Manuel Millán Otero
Comentarios (0) - Categoría: Argola - Publicado o 01-04-2014 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática