acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Cabodano de Eduardo Blanco Amor
Da www.bvg.udc.esInforman na televisión de que hoxe é o cabodano do pasamento do escritor Eduardo Blanco Amor (na Galipedia din que faleceu o día 1 de decembro). Faleceu en Vigo, no ano 1979. A noticia falaba de que el, un dos grandes escritores galegos, faleceu en soidade, nun hotel, o Hotel Nilo.

Aínda hoxe lembro como me estremeceu algún dos relatos de Os biosbardos. Así que non puiden deixar de lembrar aquí ao escritor, que irrompeu desde o televisor mentres lía estes versos de Yolanda Castaño:



Ó peixe débil a corrente levarao a algún lugar seguro.
O peixe forte estará só no esforzo que se multiplica.
O doado
é non ser.

(de Profundidade de campo)

O informativo do televexo lembraba o compromiso de Blanco Amor co seu tempo.

Na súa memoria.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-12-2007 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Acuática