acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Recensión en Ferradura en tránsito
No blog Ferradura en tránsito, Xosé Manuel Eyré fai unha recensión de Na Casa da avoa:

"Nun mundo dominado polo sexo masculino, Marta Dacosta no seu último poemario reivindica a voz das mulleres,...
Os seus versos dialogan con frecuencia co mundo icónico de autores decoñecidos ou coñecidos, como caso de Maurice MacGonigal, Ruth Matilda Anderson, María Calderelly, Millais, Henrietta Rae ou Luís Seoane, autoras e autores que reflectiron o mundo das mulleres e/ou foron rupturistas con respecto á arte da súa época...
A avoa representa a loita xorda contra a invisibilidade, a foza de traballo e de tesón,...
Despois de tantos anos de loita feminina, esta ten certo parecido co míto de Penépole, tecer e destecer. E non o dicimos por todos os dereitos que a sociedade vai perdendo. Certamente, despois de tantos anos a muller vive máis dignamente, aquela que loita pola dignidade de ser muller, mais por cada unha que loita hai dez que aínda seguen vivindo no silencio, que aceptan sen discusión o rol que lles foi transmitido, por canto podemos dicir que destecen. Tecer e destecer, ese é o medo. De aí o valor e o poder da palabra libre, do verso ceibe de Marta Dacosta, da súa reivindicación. Porque sempre nos será necesario o exemplo, e o exemplo sempre será máis valioso se é de alguén próximo, os mitos está moi ben, mais o exemplo de quen camiña contigo cóbado con cóbado é imprecindíbel, impagábel."

Nunha entrada posterior do blog, Xosé M. Eyré escolma tres poemas.

Moi agradecida.
Comentarios (0) - Categoría: Na casa da avoa - Publicado o 22-10-2017 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Nós tamén navegar, congreso de poesía 2017

O día 6 de outubro tiven o grandísimo pracer de moderar a mesa que abría o Congreso de poesía organizado pola AELG, e que tiña por nome o do propio congreso.

Falamos da nosa achega con voces autorizadísimas: Helena Villar, Yolanda Castaño e Rosa Enríquez.

A mesa e todo o congreso foron recollidos en diversos medios:

"A poesía galega de hoxe é como é porque as autoras anovaron os temas, introduciron novos materiais e desmontaron a ideoloxía patriarcal", acordaron as relatoras encargadas de abrir o encontro a sexta feira, coordinadas pola poeta Marta Dacosta (Vigo, 1966)." Escribe Daniel Salgado en Sermos Galiza.

“A poesía galega de hoxe é como é porque as mulleres tomaron o temón”. Con palabras coma estas comezou Marta Dacosta a primeira das mesas celebradas no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, organizado pola AELG...
Marta Dacosta remarcou, pola súa banda, que a “celebración” das poetas dos 90 á que Mario Regueira aludía “tivo un pouco de prexuízo”, levando a encastelamentos como o da etiqueta “poesía de muller”. Antes dos 90 estiveran outras, -sinalou-, coma Helena Villar ou Pilar Pallarés, mais nos 90 é a primeira vez que se recoñece a “moitas mulleres” que están a facer unha poesía de calidade. Comentou, tamén, que se cadra certas etiquetas coma “socialrealista” foran importadas da crítica española. Yolanda Castaño matizou tamén que a “celebración” das poetas dos 90 foi relativa, xa que as recensións de autoras seguían a ser minoría, a maioría das mesmas eran negativas, e moitas respondían a criterios "extraliterarios", coma xa na presentación da mesa advertira Marta Dacosta." Palabras de Montse Dopico en Praza.

Arriba unha imaxe das catro feita por Alberto Pombo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2017 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro entre mulleres e palabras

A secretaría da Muller da CIG de Vigo organiza en Paxón, este 21 e 22 de outubro unhas xornadas que teñen por título Encontro entre mulleres e palabras.

No obradoiro que guiarei, e que titulei "des-tecer" proporeilles destecer como lectoras, para tecer novas visións e novos textos literarios.
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 22-10-2017 10:17
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 07-10-2017 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática