acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Na Gala do Libro galego 2022

Notas sobre a extinción finalista na fase previa á Gala do Libro Galego.
Grazas.
Comentarios (1) - Categoría: Notas sobre a extinción - Publicado o 06-05-2022 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
Finalista en para a Mellor Poesía do Ano na Galiza e en Portugal-ARitmar

Honrada de que un poema do meu libro #notassobreaextinción fose seleccionado para ser votado entre os dez mellores poemas de 2021!!!
E que ben acompañada!
Grazas!
Comentarios (0) - Categoría: Notas sobre a extinción - Publicado o 19-04-2022 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Finalista da Gala do libro galego Follas Novas.

Notas sobre a extinción entre os finalistas da Gala do libro galego Follas Novas.
Parabéns a todas as e os seleccionados.
Eu, honrada de que un meu libro estea entre os finalistas.
Comentarios (0) - Categoría: Notas sobre a extinción - Publicado o 19-04-2022 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Notas sobre a extinción en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Notas sobre a extinción - Publicado o 19-04-2022 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Recensión en Tempos Novos

Camiño Noia fala de Notas sobre a extinción en Tempos Novos:
"... outro elemento de extinción, a perda das cousas e dos nomes que constituíron a base da nosa identidade".
Comentarios (0) - Categoría: Notas sobre a extinción - Publicado o 19-04-2022 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Cuestionario Proust para Lecturafilia

Tensi Gesteira pasoume o cuestionario Proust para Lecturafilia.

Velaquí.
Comentarios (0) - Categoría: entrevistas - Publicado o 19-04-2022 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Alba Cid fala de Notas sobre a extinción no Día das escritoras.
Polo #DíaDasEscritoras, Alba Cid mergúllanos en ‘Notas sobre a extinción’, de Marta Dacosta: “Versos que nos convidan a deternos, a reparar nas belezas pequenas". 🎧📲 http://dozz.es/lnrap1

"O poemario convídanos a pensar o que acontece coas palabras", afirma a poeta Alba Cid, conversando arredor de "Notas sobre a extinción", de Marta Dacosta Alonso, no Diario Cultural da Rádio Galega:

http://www.diariocultural.gal/colaboracion/a-extincion-segundo-marta-dacosta/?fbclid=IwAR0vrxG4aoi3NPHKi_O0LDWdSAYEAOwD8q_1oCfAT8Jgfp3QaZd-KbSkNZA
Comentarios (0) - Categoría: Notas sobre a extinción - Publicado o 30-11-2021 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Notas sobre a extinción segundo José Corderí
"Dacosta compón uns fermosisímos versos que emocionan pola súa sinxeleza; uns haikus que resaltan a beleza que hai nas pequenas cousas naturais que nos rodean", comparte José Corderí, na revista Luzes, sobre a súa lectura arredor de "Notas sobre a extinción", de Marta Dacosta Alonso.
Comentarios (0) - Categoría: Notas sobre a extinción - Publicado o 30-11-2021 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
Do telúrico ao existencial, recensión de Héitor Mera Herbello.
Esta foi a recensión que realizou Héitor Mera Herbello en que di cousas como que:

"Marta Dacosta consegue unha regularidade neste seu libro que nos fai pensar na obra literaria desenvolvida con paciencia ao longo de moito tempo.

... hai un percorrido que vai do telúrico ao existencial.Os elementos da natureza, aparentemente nimios, cotiáns, mais que son a causalidade para que modele o munod, son a escusa para reflexionar o eu lírico sobre a súa posición no universo."


Comentarios (0) - Categoría: Notas sobre a extinción - Publicado o 30-10-2021 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Contemplar a extinción desde o poema

Entrevista de Manuel Xestoso para Nós Diario:

"Moitas veces facemos compartimentos estancos, como se as cousas non se tocasen. Mais cando falamos de que esas cousas desaparecen, estamos falando da nosa forma de vivir, da nosa identidade como especie na terra.Esa identidade ten a ver co uso que facemos da terra no espazo no que vivimos e, por suposto, de como nomeamos o mundo. Hai un ensaio de Antonio Gamoneda, Fonación, palabra y escritura, que defende a idea de que o mundo existe cando o nomeamos, non antes; de que primeiro é a palabra e logo, a realidade. E isto é o mesmo que di Manuel María: o idioma é a chave coa que abrimos o mundo. Por iso, por exemplo, en galego temos máis de cen palabras para nomear a chuvia. E podemos perder este espazo, esta paisaxe e esta lingua. Que é como perdernos nós mesmos”

Ler aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Notas sobre a extinción - Publicado o 16-09-2021 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0