acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Questionário fou(cinha)
Questionário fou(cinha)

Convidada pola Plataforma de Crítica Literaria A Sega, respondín a este cuestionario:

Questionário fou(cinha): Marta Dacosta

1. Con que frecuencia/cantas veces che fixeron un cuestionario con preguntas machistas, estúpidas e inapropiadas como por exemplo: con que famoso compartirías toalla, que vicios non soportas da túa parella e cousas semellantes?

Nunca.

2. Cantas veces te chamaron "rapaza" nun contexto literario profesional?(valen sinónimos: moza, chica, rapariga, nena, nenita...)

Non lembro tal, porque ter, teño unha boa coiraza.

3. Cando foi a última vez que viches unha comedia romántica e quixeches matar alguén xusto despois?

Seguro que a semana pasada.

4. Cando foi a última vez que queimaches un suxeitador, tuneaches unha parede/estatua/estrada...?

Os suxeitadores quero queimalos todos os días (léase en sentido real e figurado). Non entendo por que, aínda hoxe, seguen sendo prendas incómodas e non adaptadas ao que precisamos.

5. Con que feminista viva ou morta non compartirías toalla?

Con aquela que utiliza o discurso feminista para empoleirarse e despreza as súas compañeiras de traballo e/ou organización.

6. Cando escribes se tes fill@s? De onde sacas o tempo?

Boa pregunta! Reciclo o tempo. Cando conduzo, cando camiño ou cando nado. Ou no tempo que queda entre o almorzo e a saída para o traballo (algo que, precisamente, fago moi cedo para coincidir co meu fillo).

7. Escribes para mulleres, sobre "temas de mulleres" ou a crítica falou da túa obra como "literatura feminina"?

Escribo do que me peta, do que sinto. E sinto como muller galega que son. Eu escribo para quen me queira ler dándolle voz a quen non a ten, e esas son maioritariamente mulleres.
Si. O que eu escribo ten sido cualificado como literatura feminina.

8. Quantas vezes te aplicaram o substantivo meiga, feiticeita, fada?

Descoñezo.

9. Cantas veces che preguntaron que escritorEs son unha referencia para ti?

Sempre que me preguntan por referentes literarios.

10. Cantas veces te chamaron poetisa (se escribes poesía)?

Varias. E sempre corrixín o termo. Ultimamente cito a Rosalía: "esta palabra xa chegou facerme dano..." di na Carta a Eduarda.

11. Qual é a personagem feminina mais patética que leste num escritorO?

Talvez coa que menos empaticei foi coa protagonista de Días sen fame de Delphine de Vigan.

12. Qual é personagem masculina mais patética que leste num escritorO?

Tampouco foi nun escritor, e non sei se patéticos é a definición axeitada para os naturalistas Cuvier ou Dunlop que trataron e exhibiron a Saartjie Baartman como un animal. Bárbara Chase-Riboud seguro que non os retrata tan despectivamente como debería.

13. Um paiaso da vida real...

Mais os pallasos que culpa teñen?! Entre outr@s, quen non asume que non é únic@ ou que o seu tempo rematou.

14. Um paiaso da vida literária...

Ese escritor que vai polo mundo a cinco centímetros do chan e cando se digna falarche faino como "superior" a ti, e aproveita para demostrarcho.

15. Qual foi a última vez que che enviaram a esfregar pratos/fazer camas/passar a fregona?

Cando adolescente. O pai estaba obsesionado con que aprendese a fregar. Porén, miña nai consideraba que nin a tarefa requiría estudo, nin había que adiantarse tanto.
Non plano simbólico, aínda recentemente alguén censurou unha reacción miña, que me fixo pensar que, canto máis avanzo na ocupación do espazo que me corresponde, máis atrancos atopo.

16. Qual foi a última vez que exerceches de crica testemunhal no meio do nabal?

Na primeira semana de xullo. Aínda que o de ser testemuñal éme imposíbel.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática