acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

1993: Crear o mar en Compostela
1993: Crear o mar en Compostela

Foi o primeiro libro, e saiu grazas a obter o premio de poesía "O Grelo". Publicouno a Deputación de Lugo, tivo unha distribución estraña. No ano 1991 chegou estar entre os finalistas do premio Esquío, cun título diferente. A portada é unha ilustración de Tokio e ten prólogo de Bernardino Graña.

Reseña de Miro Villar.

Un poema do libro:

Un poema de sangue non se fai nun minuto,
coma guerra que estoupa, enxéndrase nos anos,
cada dorido golpe arrinca do granito
das nosas mans as liñas que denuncian palabras.

Cada palabra un golpe e cada letra sangue,
cada paso na frente un século de ira,
cada morte de home, esperanza prometida
con base no vento que lle levou a fala.

E estes os alicerces da débil poesía;
estes os cimentos en que non construímos nada;
para que estas vigas de pesados cadáveres,
para que ser fillos de guerras acabadas.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

2 Comentario(s)
1 gostamos de roubar palabras e disparar poemas, prepárate porque imos a por ti.
grazas por compartir, un infinito de beixos acuáticos e apertas aéreas.
até pronto
Comentario por colegas das palabras (16-02-2009 15:19)
2 Procurarei estar preparada, mais disparadesen medo.
Comentario por Acuática (07-03-2009 20:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0