acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

2014: Dun lago escuro
2014: Dun lago escuro

Dun lago escuro publicouse en 2014 despois de acadar o premio de poesía Johan Carballeira 2013.

Foi finalista dos Premios da AELG ao mellor libro de poesía de 2015 do Premio Ánxel Casal 2015 da Asociación Galega de Editores e un dos 10 mellores libros de 2014 para os lectores de Fervenzas literarias. Un dos máis recomendados segundo a Tábela dos libros do mes de xuño de 2014 e o máis vendido entre os libros de poesía nese mes, segundo os datos recadados polo Caderno da Crítica.

"Os versos ... cósense uns a outros, bailan entretecidos, transversalizados e completan unha estrutura circular de poema-lago que envolve e atrapa na lectura." Armando Requeixo

"Alén da querenza pola simboloxía acuática, un topos recorrente na poética da autora viguesa, velaquí un libro pragado de acenos e imaxes íntimas, gobernado por unha voz que se rebela ?contra o aparente e falso poder da razón? e que formula interrogantes a moitas cuestións atopando, en ocasións, respostas en algo que paira nela: ?a voz das avoas talvez?. Ramón Nicolás.

"E para rematar, o último poemario dunha autora que sorprende en cada entrega. Dun lago escuro titúlanse os últimos versos de Marta Dacosta. Brillante metáfora de tempos difíciles.Fortuna de ler." X. C. Caneiro

"...composto por corenta poemas en verso libre e de extensión variábel. O volume ten como fío temático a presenza dunha nadadora que atravesa de costas a superficie dunha lagoa, analoxía do vivir no tempo actual, e que serve para conectar cos outros subtemas, entre os que cabe citar a denuncia da mentira, da hipocrisía, da descomposición ética da sociedade e da perda da fe na construción dun progreso real e efectivo. No plano estilístico, o discurso lírico apóiase na estratexia da xustaposición de corte irracional de imaxes e nunha actitude enunciativa crúa da realidade" Blanca-Ana Roig Rechou (dir.) Informe de Literatura 2014, CIRP

Contracapa
"A nadadora é a metáfora das mulleres e homes que atravesamos un lago escuro como o tempo que vivimos. A nadadora, de costas, fixa a súa atención na luz do ceo, prefire ignorar que por baixo da tona da auga hai un fondo escuro en que podrecen os cadáveres, en que se ocultan as verdades pestilentes. Este poemario é unha reflexión aceda sobre a implicación e a aceptación, sobre o descoñecemento e o desinterese. Os poemas do libro fálannos da mentira, do dano, da descomposición social. As imaxes, surrealistas, como soños xeroglíficos, anúnciannos a realidade. E a auga é auga sólida sobre a que transitamos en equilibrio, torrentes de auga para varrer o refugallo que nos inunda; augas quietas que nos afogan. Existe a verdade? Quen e como a constrúe? Ou vivimos na mentira dunha realidade aparente?"

a voz
iso que non ves
que non podes tocar
rózache a pel
faite abalar
ten a forza precisa
para derrubar os muros
do medo que nos rodea

Recensións, presentacións, poemas...

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0