acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

2009: Cinza
2009: Cinza

Cinza é un libro en formato dixital publicado neste blog. O libro que ía ser publicado en papel en 2007/2008, non acadou ese destino ao pechar a editorial que ía publicalo.

Así que finalmente foi entregado a este soporte durante o ano 2009, considerado desde entón o ano da súa publicación.

A totalidade dos poemas e outras anotacións poden seguirse na categoría "Cinza". E nesta entrada unha pequena explicación, a xeito de prólogo.



(1940)

Volve da Ribeira,
deixou no peirao as mans de serea
aínda que leva as escamas no corpo.
Un vulto asexa,
baixo a manta foxe ao frío da madrugada
e convértese en sombra ameazante.
É o Roxo,
un home enorme gardando o medo do asasino,
o asasino que ditou orde de morte,
que sinalou un por un aos paseados,
que denunciou, xulgou e condenou
desde o poder da cobiza
e agora non dorme,
non dorme porque na noite
a estadea dos paseados na súa procesión eterna
marca a porta da súa casa,
deita cera ao redor do seu leito,
aproxima do seu rostro as caveiras putrefactas,
farrapos de fantasmas,
inmensamente poderosos e xustos.
O asasino Sinforiano
paga a un home
para impedir a entrada da estadea.
O Roxo non dorme,
envurúllase na manta contra o relento da noite.
?Pasa nena,
son eu que estou a gardarlle o sono
ao malnacido?.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0