Segundo mellor libro de poesía do ano 2011, segundo as lectora e lectores do Blog Fervenzas Literarias.
"Unha obra estruturada en cinco partes, en cada unha das cales toca temas diferentes, pero todos unidos por un elemento: a auga" M.B., La Voz de Galicia.
"... río de verbas que todo o pode, revolta contra a escravitude (xenérica), sacrificio do cisne lacrimóxeno, xeración da escama translúcida, denuncia do terror cristalizado da muller violentada, mar para Antígona desobediente, Ofelia vitimada e vingadora ..." Armando Requeixo, Faro das letras.
"... que me presta moito que a poesía, neste caso a de Marta, opte por chamar as cousas polo seu nome, aínda que con esa sutileza que teñen os
aires da ?poiesis?. Que se non xa non sería tal, lástima fora.
Péchase o libro cun poema longo chamado Adartia, sesenta versos, en estrofas de tres, que son regalía para rematar un conxunto ben artellado." Vicente Araguas, Nordesía, Suplemento Dominical Diario de Ferrol.
"Dacosta segue a beber das fontes da mitoloxía clásica -Medusa, Ismene, Antígona, Ofelia?-... Acuática alma alicérzase desde a constatación, dolorosa, de ausencias que provocan cicatrices case tanxibles e dispostas coma se dunha sorte de bitácora ou diario se tratase. Elabórase así un discurso intenso, revelador da intimidade, transparente e con arrecendo a verdade, razón que explica a súa fondura abisal e mesmo esa tonalidade estremecida que percorre algunhas das súas páxinas construídas, como non, a través das palabras" Ramón Nicolás, Caderno da crítica.
"...composto de cincuenta e catro poemas.
Ábrese o primeiro (?Medran as membranas interdixitais?) co nacemento dun ser na auga
que, ao mesmo tempo, é construción e destrución. O eu poético fabrica varios núcleos
temáticos en relación á problemática da violencia de xénero, á recuperación da memoria
como pobo, á urxencia do cotiá e á posición colectiva ante as inxustizas. E malia estar
impregnado de certo pesimismo, non deixa de reflexionar sobre o conflito cos sentimentos, co devir dos tempos. Ademais, faise unha revisión en clave feminista de
certas personaxes literarias, como Antígona e Ofelia, e incorpora outras propias como
Adartia, que vén sendo a composición que pecha o volume baixo o título de ?Non es Nausícaa?. Todo o poemario concíbese cunha linguaxe moi vencellada aos termos acuáticos. Por outro lado, alén das catro ?autopoéticas? que están presentes no libro, é posíbel distinguir a presenza duns versos que destacan por conter todas as palabras en maiúsculas e que, acompañadas de puntos suspensivos ao inicio e ao final dos fragmentos, permiten entrever a base esquemática de construción do libro." Blanca-Ana Roig rechou (dir.), Informe de literatura 2012, CIRP
Outras recensións.