acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Feria do livro de Braga
Feria do livro de Braga

Estas son as palabras coas que iniciei a miña intervención na Feira do Livro de Braga, representando á AELG e antes de tentar resumir (non o conseguín) as nosas actividades.

Que é a AELG?
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. É evidentemnte unha asociación profesional, mais ao contrario do que acontecerá noutras asociacións do mesmo tipo, a galega ten un cometido central que é a defensa do noso idioma, elemento previo a calquera outra defensa pois a pervivencia do noso idioma é inexcusábel para a existencia dunha literatura propia, dunha literatura galega.
Por iso mentres outras asociacións centran o seu traballo na mellora das condicións do escritor e da escritora, mellora nos contratos de edición, mellora nas retribucións de conferencias, publicacións e todo tipo de intervencións, a nosa asociación ten que centrar o seu traballo en demandar a normalización da lingua galega e, canda esta reivindicación básica, reclamar unha e outra vez a visibilidade da nosa literatura: nos medios de comunicación, nas librerías, até nas feiras do libro.
Neste contexto, cuestións fundamentais como os noso dereitos, sendo elemento fundamental do noso traballo, quedan moitas veces secundarizadas.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática