acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Entrevista no Atlántico diario, 29 de agosto 2010
Entrevista no Atlántico diario, 29 de agosto 2010

1.- Marta, nunha pouquiñas liñas poderías bosquexar túa bibliografía?
O meu primeiro libro de poesía publicouse en 1993, Crear o mar en Compostela, logo viñeron: Pel de ameixa, Setembro, En atalaia alerta, todos eles galardoados cun premio literario e As amantes de Hamlet. Neste 2010 publicouse o libro de viaxes Baixo Miño. Logo están as revistas, libros colectivos ou antoloxías, ademais doutros traballos de carácter académico ou didáctico.

2.- A poesía é o esencial na túa obra?
Por suposto. Sempre escribo poesía e é o xénero no que me sinto máis cómoda. Nos primeiros anos era o xénero en exclusiva. Posteriormente comecei escribir pequenos textos en prosa e artigos.

3.- Que tal te levas coa narrativa, co ensaio?
Tento familiarizarme coa narrativa, mais é unha cuestión de tempo, de falta de tempo. A narrativa esixe unha disciplina diferente á da poesía, precisa periodicidade e horas, entendo, algo do que neste momento non dispoño, aínda que hai algún proxecto que me anda na cabeza. Así que é coma esa viaxe que un día farei, mais que será dentro de moitos anos. Canto ao ensaio, realicei pequenas aproximacións nacidas da necesidade de reflexionar sobre a obra dun autor, e debo recoñecer que é engaiolante pescudar nos versos doutro, empaparse da súa mensaxe e descifrar todos os recunchos do poema.

4.- Calquera material é válido para a poesía, como dicía Neruda?
Ou Benedetti. Si é válido, porque a creación debe darnos a súa visión do mundo, movernos á reflexión, poñernos en camiño á transformación da sociedade.

5.- A felicidade é unha conquista permanente que irremediabelmente ten unha data de caducidade?
Hai un poema en que digo que a felicidade é ese favo de mel que sempre estamos procurando, mais que só damos por el cando xa o tempo pasou e foi devorado polas larvas e cómpre comezar de novo. Non caduca, porque sempre a procuramos, porén, ás veces non a recoñecemos.

6.- O tempo é unha circunstancia do amor sen espazo?
Creo que os gregos souberon identificar moi ben o tempo a través do mito de Cronos, porque así é, o noso devorador, o que procura por todos os medios que non poidamos dominalo, ser donas do noso tempo, do noso espazo, señoras do noso destino, por iso debemos aliarnos coa Terra, sermos as mulleres que lle deamos a pedra a devorar para liberármonos da súa tiranía.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0