acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

2010: Baixo Miño
2010: Baixo Miño

O Baixo Miño é unha comarca situada ao sur
de Galiza, bañada polo río Miño que realiza a
función de ser a fronteira natural con Portugal.
Unha fronteira que non é tal, como o demostra
a continuidade lingüística que nos
permite atopar nestas terras trazos fonéticos,
léxicos e morfosintácticos, como o “teísmo”
ou ausencia do pronome che, que se asemellan
máis do portugués padrón ca do galego
normativo...
Iniciemos, pois, o noso percorrido na capital
da provincia que foi, beireando en primeiro
lugar as ribeiras do Miño. O nome do
Miño debe proceder de minio, e polo tanto
tería que ver coa presenza deste elemento nas
súas augas. Segundo Eladio Rodríguez este
era tamén o nome dun deus adorado polos
romanos, un deus que se representaría con
peixes ao redor da cabeza, tal e como se atopou
nun mosaico dunha casa de Lugo.
O río canta en silencio ao noso paso, é un
río de nome colorado e metálico, que bautiza
a rede con que se pesca o sable, un dos seus
froitos máis saborosos. Na súa ribeira gozaremos
da mansedume das augas e, cando nos
acheguemos á súa fin, da fermosura das súas
illas, as mesmas que cantou Manuel María no
“Poema das illas”, no seu libro O Miño canle
de luz e néboa.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática