acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Queremos Galego!!
Houbo varios momentos intensos o pasado día 30 no Capitol en Compostela.

A intervención de Ernesto Chao denunciando a liquidación do Festival das Artes escénicas por parte da Consellaría, seica que porque non hai cartos, mais si os hai para programar un macrofestival das Rías Baixas, pagado pola mesma Consellaría e a Deputación de Pontevedra, no que actuarán rutilantes estrelas da escena de alén do Padornelo, se cadra coa excepción da última montaxe do CDG !!!

Tamén me ficou gravada a intervención de Pilar García Negro, especialmente o final: "Hai quen nos chama ovellas, mais vale ser ovellas, animal pacífico e produtivo, ca ser cabras da Legión Española!":



E gocei coa descoberta de cantautores que aínda non coñecía, e dos que gostei:



Ou me emocionei con Miro Casavella cantando "O meu país".

Non escoitei a intervención de Teresa Moure, porque tiña outra cita, así que escóitoa agora e déixoa aquí.



Foi un fermoso e animoso acto.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas da lingua - Publicado o 02-05-2011 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática