acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

palabras para un tempo de guerra (2)
Para o día de hoxe, 21 de marzo, vou traer de novo varios versos dun poema de Ferreiro que moito me ten impresionado.

Un poema en que o horror da guerra está presente. O horror da guerra que levou un día de 2003, xa iniciada a invasión de Irak, a que Sam Hamill convocase aos seus amigos a crear un movemento de poetas contra a guerra.

Oito anos despois precisamos FORTEMENTE dos anteollos da poesía.


Xorxe, meu vello amigo,
¿como fuches parar á tropa?


W.H. Auden


Tiña os ollos azules poboados de preguntas
sobre o tempo i as colleitas. Seu pensamento estaba
cos segadores cantando na serán, ao comenzo
do solpor, cando a noite empeza a ser mociña.
...
Decía con dozura as súas verbas antigas
e dempois calaba pra escoitar o silencio
do mundo, dilatado e inmenso coma unha chaira.
Abría as maus labregas,
que agora empuñaban un fusil,
e púñase a miralas con atención lenta e teimosa.
...
De súpeto, nos límites lonxanos do horizonte
fitou o resprandor dunha cidá en chamas
semellante a un remoto mencer amarelo.
De enriba baixou un rumor de treboada,
un xordo bruído de río enrabexado,
coma un rouco balbordo cubrindo a paisaxe.
Oubeou un can nos arrabaldos,
e comenzaron os lóstregos.
O fume,
coma unha palmeira xigantesca
abriu os seus brazos ardentes
i esparexeu pola bóveda celeste
un escuro anuncio de morte.
...
O fillo da súa nai estaba morto,
groriosamente morto sobre un charco.
Tiña nos ollos vento. Preguntaba
cunha ollada azul de animal manso.
Xorxe, meu vello, meu eterno amigo,
dime no que estás pensando.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-03-2011 08:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática