acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Galería de arte
Galería de arte

Poxar cartas de amor.
Vender
a sensualidade aniñada nas liñas
das palabras ousadas
con que te convoquei
desde o silencio da carta deslizada
entre as páxinas dun libro.
Esas cartas de amor,
tímidas e procaces,
esa caligrafía inclinada
que debo repetir para que ti entendas,
expresión do meu ser torturado e atento.
As cartas que escribín,
as que vou escribirche
mentres ti non me miras,
mentres eu te contemplo,
espío o teu corpo e os teus ollos,
imaxino que rozo a túa pel escura,
a peluxe que envolve o teu peito.
As cartas que eu escriba,
as que de ti reciba,
estarán entre as páxinas dos libros que gardamos,
sen prezo, nin asedio,
seguras e perdidas.

Poema publicado en Serta e escrito o 8 xullo de 2004, despois de coñecer a nova da poxa dunha carta de amor de Joyce á súa muller.
Comentarios (0) - Categoría: textos editados - Publicado o 19-03-2011 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0