acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

as marcas deixadas
Foto publicada en www.galizacig.comEstou a rematar de ler Pequenos encontros, as marcas deixadas, de Farruco Sesto, un libro que é a compilación de toda a obra poética de Sesto escrita en galego, en edición de Yolanda Castaño, que realiza tamén a introdución ao libro.

Desde aquí, quero agradecerlle a Yolanda o traballo realizado, porque grazas a el, persoas coma min temos acceso a estes versos que, doutro xeito ignoraríamos para sempre. Ademais é un traballo que, como sempre, Yolanda realiza con coidado e agarimo.

Así que puiden ler os poems máis combativos de entón e os máis initmistas de hoxe, gozando particularmente dalgúns poemas, como este que deixo aquí (do libro Achegamento aos trebellos, 1970, practicamente desaparecido, tamén os seus orixinais).

A Tesoira

Hai qeu achar,
que andan perdidas,
as tesoiras da noite.

Para o alento
das artesas.
Para as mans e o lume dos amantes.

Para as paisaxes
ateigadas
de inxustizas ou de silencios.

Para as paisaxes
que puideran
ir sementando a rebeldía.

Para ti e mais eu
polos camiños
da xentiña e os seus entroidos.

Para o noso pobo
cen vegadas
e ese porvir que nunca chega.

Hai que achar
pase o que pase
as tesoiras de cortar a noite.


Finalmente, sinalar o interese da traxectoria vital do escritor. Un home guiado polo seu compromiso.
Comentarios (0) - Categoría: libros - Publicado o 16-03-2011 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática