acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Mulleres que loitan
Co aceite poñíamos segredos,
palabras, conversas,
e a pota rebentaba fervendo de impaciencia.
Mais a vida seguía
despois do aceite o allo, a cebola, o pemento
(mellor se for vermello)
e sempre remexendo o garfo de madeira.
E así un día e outro foron facendo costra,
tixolas, cazos, potas,
non houbo nunca auga que arrastrara eses anos,
nin xabón que varrese tanto empeño diario.

Achégase o 8 de marzo.

Por iso este poema de Setembro.

Por iso o día 3 participei na inauguración da exposición "Fotos de muller. Mulleres de foto" organizada polo BNG de Soutomaior, onde recitei este poema e máis outros catro dun libro inédito.

Por iso o día 4 na CIG conmemorábamos a data, cun xantar reivindicativo en que quixemos homenaxear a loita dunha muller por conciliar a maternidade co seu posto de traballo. Unha loita que me fixera lembrar o meu propio nacemento.

Parabéns para Nélida.

Comentarios (0) - Categoría: textos editados - Publicado o 05-03-2011 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática