acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

o mestre
Se teño que elixir unha imaxe de Daniel Castelao elixo esta.

Estarrecedroa no seu sincretismo, na súa capacidade de trasladarnos a súa mensaxe complexa envolta na máis absoluta sinxeleza. Como sempre o fixo todo.

Castelao é o mestre que non se esgota. Del nunca poderemos dicir que houbo unha derradeira lección. Cada vez que volvemos aos seus debuxos, aos seus cadros, á súa narración, á súa reflexión comprobamos que a súa saberdoría é un manancial que vén da profundidade da terra e segue deitando auga para apagar a nosa sede.

O pasado martes, cando Francisco Rodríguez mostrou a imaxe, sentín de novo a mesma emoción.

Remata xaneiro, 125 anos despois do seu nacemento. Tempo para admirar, ler, lembrar e comprender.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-01-2011 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática