acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

"treboadas de ósos perdidos"
teño fame
de primavera

de calor contra os ósos
de sol que abra o ceo e o derrame azul

do varredor da Madrugada dos Trapeiros
que me responda ao fin da noite
“mais o que falta en rigor
é varrer o criminal”

varrer o criminal

coas palabras de Susana Chávez
o seu mar de treboadas
de ósos perdidos


varrer o criminal
con todas as palabras sepultadas para sempre
nas gorxas rotas de todas as mulleres

resucitar a súa rabia
contra a fogueira da indiferencia
e o pesado silencio que nos segue oprimindo
lousa que nos rouba a luz

a primavera

"treboadas de ósos perdidos"
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 14-01-2011 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática