acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Remata o ano de Novoneyra
foto da AELG(Uxío Novoneyra)

I
Chovía mansamente en todos os camiños
eidos do Caurel, rúas de Compostela,
chovía cunha anguria indescifrable,
orando a letanía dos adeuses.
Quen sempre nos acompaña citouno a aquela hora,
a que fora augurada en incerteza
e levouno en silencio.

II
Dicir: "morreu" é moito,
é unha conversa enteira,
un día enteiro de palabras cruzadas.

Non hai máis que dicir,
tan só gardar silencio

silencio

silencio

enchernos dos seus versos



Hai moito tempo escribín este poema, a miña memoria di que pouco despois do pasamento do poeta. A imaxe é a pedra chantada no Caurel o día da homenaxe póstuma ao escritor na súa terra.
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 27-12-2010 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática