acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Lembrando a Castelao
A Banda Municipal de Compostela, dirixida por X. Carlos Seráns, realizou un concerto o pasado 12 de decembro en que interpretou unha peza de David Fiuza Souto: Retrincos. O mesmo título que Castelao puxo ás súas narracións porque é unha composición inspirada naqueles cinco relatos.

Pois ben, para este concerto, a Banda de Compostela procurou a colaboración da AELG propoñendo un acto en que a composición estivo intercalada coa lectura dos cinco retrincos nas voces de Cesáreo Sánchez, Marilar Aleixandre, Teresa Moure, Carlos Negro e eu mesma.

Foi un acto ben fermoso, os relatos e a música que inspiraron, e que tivo por título Lembrando a Castelao.

Son as preocupacións de músicos como Seráns, empeñado en renovar o repertorio das bandas e das corais, levando aos pentagramas poemas de noso. No ano 2007, escoitei nerviosa como a soprano Esperanza Mara e o coro de Solfa interpretaban unha canción composta por Seráns sobre o meu poema: “Un poema naceu e non ten palabras...” que el titulou Apreixar o vento. Acabei con pel de pita. Indescritíbel.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-12-2010 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática