acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Os papeis do vagabundo
foto da AELGOutro dos libros que chegaba nesa remesa de Espiral Maior era Os papeis do vagabundo de Rivadulla Corcón. Foi outro dos que me gustou, especialmente polo seu pretexto. O libro arrinca cun fermoso texto en prosa, empregando o recurso do manuscrito achado, aquí convertido no legado dun feixe de poemas nunha caixa de lata, herdanza da muller dun desaparecido tras a guerra.

Os poemas eran a moeda coa que un vagabundo pagaba os cafés que ela lle servía no bar en que traballaba.

Ante este inicio prendín rapidamente na lectura dos poemas, poemas de amor dun vagabundo ou náufrago que constrúe unha balsa non para fuxir da illa, senón para penetrar na soidade do mar e sandar as súas feridas de vencido.

O poema “É chicoria” sérvenos para ilustrar o libro:

É chicoria

Non é café, é chicoria
pero todos chamámoslle café.
É vida isto ao que chamamos así?

O que bebemos
aínda que lle chamemos café
sabemos que é chicoria.

Pero non sabemos
que é isto que vivimos
que non é vida.
Comentarios (2) - Categoría: libros - Publicado o 15-12-2010 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Un tema moi coruñes. En Coruña chmábase café a chicoria #blgtk08#e chocalatea a cascarillla. A felicidade está na mente.
Comentario por Loli (25-12-2010 19:20)
2 Érache a fame que facía ver café onde só había chico#blgtk08#ria e chocolate onde só se daba feito cascarilla...
Comentario por Acuática (25-12-2010 21:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática