acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Presentación de Pel con Pel en Moaña
Foto de Ledicia Costas
O pasado sábado 20, estiven presentando Pel con Pel en Moaña. Estaban tamén Ledicia Costas e Eduardo Estévez, ademais de Alberte Momán, Alba e unha das nais asistentes que tamén puxeron as súas voces a outros tres poemas do libro.

O acto organizouno Chuchamel coa colaboración da editorial e do Concello de Moaña, na concelleira Liberdade Cruz. Así que se ides ao concello poderedes ver na súa entrada e nas escaleiras que soben ao salón de plenos, a exposición que inclúe fotos e poemas.

De feito fixemos a presentación no salón de plenos. Estivo ben que por un día os berros que alí se oíran foran os dos cativiños e cativiñas.

Para min houbo un sorpresa persoal, que foi coñecer a unha "sobriña", filla dunha curmá que veu saudarme.

Grazas a Ledicia por recompilar o material gráfico e compartilo.
Comentarios (0) - Categoría: libros - Publicado o 24-11-2010 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática