acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

O coitelo en novembro de Marilar Aleixandre
Arquivo Marta Dacosta
O ano pasado, Marilar Aleixandre agasallounos, no día en que a AELG lle ofrecía a homenaxe á autora na súa terra, co libro: O coitelo en novembro.

Remataba de lelo estes días. Coa mesma entrega e co mesmo pracer que leo sempre a Marilar Aleixandre, gozando das redes que tece para nós, engaiolándonos coas súas historias.

O Coitelo en novembro é un conxunto de relatos, moitos deles xa publicados ao longo do tempo, mais que agora cobran un novo sentido ao seren enfiados nun novo marco argumental, elemento de reflexión necesario para as escritoras e que ten ocupado horas e horas das nosas conversas, dándolle forma colectivamente, para que logo cada unha de nós rescate do pozo do pasado figuras como a de Jeanne d’Arc, sen saber, ás veces, que todas halamos un pouquiño, e ao final a materia dos nosos desvelos acada a superficie iluminada por varios focos a un tempo. E así, sorprendiámonos ao comprobar que as dúas ao mesmo tempo andabamos ao redor da moza queimada en Rouen.

Onte, no xantar do Galeusca, falamos de moitas cousas, entre elas de O coitelo en novembro, e Mercedes Queixas sinalou que cómpre ler a obra de vagar, especialmente nosoutras, e concordo.

Aleksandra Mairal, Mila Dreixal, Xerezada... mulleres a salvar palabras e tecer historias, cosendo rede contra rede, para tirarnos do pozo.
Comentarios (1) - Categoría: libros - Publicado o 04-11-2010 08:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 E sigo a ler aínda, Marta. Preciso lela de vagar e gustar do mel das palabras precisas que Marilar sempre acha. O día a día escolar obrigoume a intercalar #blgtk08#outras lecturas, mais non importa. O coitelo en novembro agarda por min como unha luzada complementar da eléctrica que preside a mesa de noite. Seguiremos!
Comentario por Mercedes Queixas (09-12-2010 23:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática