acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Catulo en galego
Acabo de descubrir algo fantástico. O meu profesor de latín de 3º de BUP, alá por 1982-83, Xose Manuel Otero, ten un blog sobre literatura clásica. E como non, alí están os poemas de Catulo que el mesmo traduciu.

Deixo aquí este poema, que un día o noso profe nos fixo memorizar en latín antes de sabermos que significaba realmente. Naturalmente protestamos, que ía dicir unha aula chea de rapazas e algún rapaz de 16 anos. Tempo despois comprendín a razón e felicito ao meu profe: aínda é hoxe o día que lembro como comezaba este poema:

"Quaeris quot mihi basationes
tuae, Lesbia, sint satis superque"




7: MÁIS BEIXOS QUE ESTRELAS

Pregúntasme cantos beixos
teus, Lesbia, me colmarían.
Tantos como area libia
cobre a laserpicífera Cirene,
entre o oráculo de Xúpiter ardente
e a tumba sagrada do mítico Bato,
ou como milleiros de estrelas que cando cae a noite
axexan os amores furtivos dos humanos.
Comerte a beixos
colmaría ó adoecido Catulo,
para que non poidan contalos os curiosos
nin enmeigalos unha mala lingua.


(no cadro, Lawrence Alma-Tadema retrata o poeta e a amante)
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2010 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 O collo para meu blogue tiñao no orixianl e en castel#blgtk08#án ,co teu permiso, engado a tua traducción de poeta.
Comentario por Loli (25-12-2010 19:27)
2 Loli, a tradución é de Xosé Manuel Otero, tradutor de Catulo para o noso idioma como podes comprobar#blgtk08# na colección clásicos en galego, na que publicou os poemas de Catulo en 1988.

Saúdos
Comentario por Acuática (26-12-2010 14:21)
3 goo#blgtk08#d!
Comentario por replica louis vuitton (06-02-2012 15:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática