acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

dubido
Arquivo Marta Dacostadubido
profundamente

abandonar

seguir

coller a auga coas mans
para abrir os dedos
mentres a sede paraliza a lingua?

mergullar a cabeza
cando non hai ondaxe
como un peixe cego?

estirar o corpo todo
desde unha beira a outra
e intentar parar este río?

dubido
profundamente

seguir

abandonar

pousar a man no xeo
e retirar os dedos
antes de que se peguen á superficie xélida

deixar a man un pouco máis
notar a queimadura
e seguir coa man pegada mentres a dor se crava baixo a carne

seguir abandonar
estar

aquí

parada sobre o xeo

e non saber se crebar o seu cristal opaco
na procura do río que o sustenta


(un/setembro/dousmildez)
Comentarios (5) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 22-10-2010 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Seguir sempre, se#blgtk08#n dúbida: seguir.
Comentario por paideleo (23-10-2010 19:36)
2 Dubidar é asegurarse, pens#blgtk08#o. Gustoume, coma sempre.
Comentario por Mararía (23-10-2010 23:01)
3 Seguir xa sigo, ás veces sen dúbida ningunha, mais ... ás veces fai falta moita forza, supoño qu#blgtk08#e cando a reúno entón a dúbida serviu para asegurame.

Un saúdos aos dous.
Comentario por Acuática (24-10-2010 10:43)
4 Gustoume e moito.

Dubidar dá unha idea de que somos conscientes das#blgtk08# nosas alternativas. E diante da dúbida, sempre adiante.

Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (25-10-2010 07:21)
5 Grazas nena #blgtk08#do paraugas
Comentario por Acuática (25-10-2010 18:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática