acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Pel con pel
Onte, domingo día 3, Fedegalma e máis Galaxia presentaron o libro Pel con Pel, no que tiven a honra de colaborar.

Xa o dixen alí, e reitero, foi moi divertido participar nun recital en que o público, conformado por unha parte importante de menores de 3 anos, asistía con naturalidade á palabra poética: aplaudindo, chorando, falando... repetindo versos... Lembrábame cando alá por 1995, mais ou menos, o meu fillo interrompía co seu pranto o recitar de Novoneira e eu, que tamén estaba no estrado, non sabía onde meterme.

Este é o poema co que participei no libro:

soñeite

soñeite
durante días enteiros
para corporeizarte mais alá dos peíños
bulideiros e veloces
que deformaban a quietude do solpor

e chegaches por fin
para vivirme en cada aceno
en cada caricia da túa pel morna
nese quererme sen fin e sen medida

iso foi o que non dei soñado
o que non pensei cando me entregaba
enteira
á aventura de quererte mais alá da razón
á aventura de entregarme
porque te quero invulnerábel
e non hai lagoa Estixia
que poida superar este desexo

non dei soñado
que ti
ti me amarías ámasme
porque si
desde sempre
sen contrato nin causas
sen motivo
que sería que son
a muller máis fermosa e máis sabia
a medida do mundo
a medida da vida
Comentarios (2) - Categoría: textos editados - Publicado o 04-10-2010 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Eu xa sabía que o aleitemento era pura poesía...pero nunca, ato este domingo o sentira directamente nos m#blgtk08#eus oídos e nos meus ollos.
Foi estremecedor, inesquecible

GRAZAS

Comentario por Patricia lópez (06-10-2010 18:37)
2 Grazas polas t#blgtk08#úas palabras.
Comentario por Acuática (07-10-2010 15:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática