|
|
|
|
Proxectos e preocupacións |
|
Comentaba o outro día que teño até finais de mes para realizar dous proxectos que me encargaron.
Un é o proxecto M. Nel tócame elaborar digamos o retrato en palabras dunha ducia de mulleres. Desde que mo ofreceron, ilusionoume, pois realmente apetéceme moito facelo, porque son, ademais, unhas mulleres moi especiais?
O segundo é o proxecto I, chegou máis tarde, sobre o día 9, máis ou menos, e este preocúpame un pouco, até o punto de pensar en declinar a proposta aos poucos días. Mais o certo é que tamén eu teño certa responsabilidade en que este tema saia adiante e, se non o acepto, haberá dificultades, así que ? hai que facelo. Preocúpame porque teño moi pouco tempo (tres semanas que non son tales, senón horas soltas ao longo deses 20 días) e porque non depende soamente da miña capacidade creativa, senón que precisa algo de investigación e de coñecemento. Fareino o mellor que saiba e, desde logo, coa maior entrega. Trátase dun itinerario por unha cidade galega e é moi difícil facer algo diferente, así que vou optar por un percorrido moi persoal, que penso que non é completamente habitual, e máis ca un percorrido real, vou facer un percurso da imaxinación.
O que dicía, que até que remate con eles non darei pensado noutra cousa.
|
|
|
|
4 Comentario(s) |
|
1 |
Sorte cos teus proxectos.
Tés un agasallo no meu blog #blgtk08#r />
http://aeiradebalixe.blogspot.com/2010/09/o-agasallo.html |
|
|
Comentario por Eva G. Rei (20-09-2010 08:42) |
|
|
2 |
Moitas grazas Eva, o teu blog tamén é #blgtk08#dos que vale a pena poñer nel o ollo. |
|
|
Comentario por Acuática (20-09-2010 14:52) |
|
|
3 |
Agardamos velo#blgtk08#s realizados. |
|
|
Comentario por Hermaco (24-09-2010 14:19) |
|
|
4 |
Agora mesmo xa estan un pouco mellor. Gra#blgtk08#zas
NOn podo por tiles!!!! |
|
|
Comentario por Acuática (24-09-2010 14:56) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|