acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

muros defensivos
A miña nai diría que ando nunha roda viva, expresión que sempre me chamou moito a atención. E si, xusto me acaban de encargar dous pequenos proxectos que teñen que estar feitos antes de rematar o mes (en quince días!!!) e onte mesmo entreguei un libro ao editor.

Así que non son quen de facer nada. Só pensar no que teño que escribir. E agardar.

E lembrei este poema, apartado entre os textos desbotados:


Esquecín
que eu tamén podía facer na palabra o meu castelo

refuxieime
en terras alleas
extasiada e distante,
enfeitizada

laverca ou lavandeira
para estrañar o tacto deste corpo,

hoxe volvo ao desexo e ao pracer
de levantar eu mesma
os muros defensivos
Comentarios (2) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 11-09-2010 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 moi fe#blgtk08#rmoso.
Comentario por Loli (12-09-2010 22:00)
2 Graz#blgtk08#as.
Comentario por Acuática (13-09-2010 23:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática