acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

As zamancas e o demo
Imaxe da GalipediaDurante a sobremesa do domingo en Valadares, deunos por falar de zocos e zocas, dos nomes que ten este calzado e de que alguén escribiu que o nome “zamancas” procede do topónimo de Zamáns, cousa á que non demos moito creto.

E falando do coiro e máis do bidueiro, a avoa Carme lembrou un dito da súa profesora, Dona Asunción, aló por finais dos 40: “as zamancas fíxoas o demo para que as vellas non cheguen á misa”.

Si señor! Vaia co demo do que foi levar culpa!

E digo eu, que haberá detrás deste dito? Sería cousa desta muller nacida en Buenos Aires ou é unha frase máis común?. Terá que ver cun xeito particular de entender a relixiosidade? Se cadra que a quen non atendían todo o debido era aos cregos na misa? Ou que aos curas non lles gustaban que lles resoasen nas igrexas as chatolas das zocas?

En fin, que moito me gustou, e aquí queda, para que non se perda.

Mais tamén vou ao dicionario, primeiro para comprobar que Eladio Rodríguez recolle a voz “zamancas” co significado de zocos e atribúeo a Sárdoma en Vigo, e logo para ver que no Xerais figura como sinónimo de zamancos, tamancas ou tamancos para designar uns “zocos” mal feitos. O Xerais recolle como sinónimo de zocos: “galochos”. A min sonme familiares as voces “zocas” e “ghalochos”, que a miña nai me transmite con uso diferenciado: as zocas son as dunha soa peza de madeira, con tres apoios no chan, as de andar pola Ribeira, e os ghalochos son as zapatillas cando andas con elas sen as calzar de todo, co calcañar de fóra, e que pode ser unha adpatación da voz sonoramente galega para un uso “máis despectivo”.

Agora estou de ghalochos, é como ando sempre.
Comentarios (12) - Categoría: Cousas da lingua - Publicado o 06-09-2010 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 Miña nai chamáballe aos zocos eses de madeira de tres pés "madrileñas", por iso sempre pensei que non eran de aquí, mais logo víallos ás peixeiras #blgtk08#na praza.

Eu gosto de andar coas sapatillas de jalochos e sempre as estropeo todas, de cativo aínda levei algunha labazada por iso.
Comentario por Hermaco (06-09-2010 23:25)
2 Curioso iso de "#blgtk08#madrileñas"...
Comentario por Acuática (08-09-2010 17:24)
3 Dá gusto aprender algo.
As zocas de madeira son tamancas #blgtk08#por esta zona e ás zapatillas sen calcañar chamámoslle pantufas.
Comentario por paideleo (09-09-2010 22:20)
4 Pois si, mais todo o mé#blgtk08#rito é da lingua nosa.
Comentario por Acuática (10-09-2010 00:14)
5 Con galochas ou sen elas sempre atinas coas palabras. Grazas por mostrárnolas.
A diferencia de Paideleo, na zona da miña familia (Barro), chamámoslle t#blgtk08#amancas ás zocas, e chinelas ás galochas.

Nota: desculpa non ter contestado ao teu agasallo "ficar de ollo" pero nesta semana vai. Unha aperta.
Comentario por Eva G. Rei (14-09-2010 14:04)
6 Grazas Eva, segue #blgtk08#traballando tanto
Comentario por Acuática (14-09-2010 20:00)
7 Por estas "terras do medio" decíanlles madreñas ás zocas con tres pés. Pouco éxito tiveron, por máis que tentaron introducilas no mercado das feiras. Esta er#blgtk08#a terra de zocos (madeira e coiro).

[Resulta curioso como unha Chousa chega a Acuática a través dunha Eira...Un pano de man este blogomillo!]
Comentario por Chousa da Alcandra (20-09-2010 22:16)
8 Certo que isto é un pano de man, e iso é o mellor de todo. O mundo segue a ser pequeno, e nós uns viax#blgtk08#antes intrépidos.

Pois na Ribeira de Vigo cumprían esas precisamente, para non esvarar.
Comentario por Acuática (22-09-2010 18:22)
9 Thank you providing #blgtk08#informative content.
Comentario por Resignation letter template (07-11-2011 13:41)
10 Great posting and certainly helps w#blgtk08#ith understanding the topic better.
Comentario por Withdrawing Resignation Letter (28-11-2011 12:02)
11 Very Interesting ar#blgtk08#ticle. Keep Posting
Comentario por Resignation letters (09-12-2011 14:08)
12 There are lots of avid gamers that I think are ready to become a lot more well-known in 2010, and I will be speaking about a couple of these under #blgtk08#Inside the National football league, only two Darkish had been traded towards the Chi town Wholesale NFL Jerseys (chunyan)cheapmontblancpenssale.us
Comentario por Discount NFL Jerseys (24-08-2012 04:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática