acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

alestindo un palangre de noso
Foto da GalipediaAndaba eu lendo aquí e alá e cheguei ao artigo desta semana para o Galicia-Hoxe de Carlos Callón. E dúas ideas, agora xa son tres, viñeron á miña cabeza.

A primeira foi a sorpresa que levei cando coñecín á tía da miña parella. Debín coñecela hai uns vinte anos ou máis, ou sexa que andariamos polos anos 90. Vive en Mondariz, exactamente na parroquia que o pobo renomeou como Vilasobroso, antes chamada San Martiño da Portela (e esta xa é outra historia). Pois ben, non puiden deixar de reparar aquel día en que para ela o verbo “gustar” é de réxime preposicional, como en portugués, e lusista ela non é. Nunca lle escoitei usar o verbo doutro xeito que non fora: eu gosto do leite, ou non gosto de beillar... por iso eu dei en recuperar ese uso preposicional, igual que dei un día en deixar constancia de que na miña aldea, que vén ser o centro de Vigo, a nai da miña nai é a miña avó, tamén como en portugués, con –o aberto.

A segunda idea foi que o outro día dei de "fuciños" no Memorial do convento coa voz “falperra”. Vin usada esta palabra como nome común e corrín ao dicionario da Porto Editora para saber o seu significado, porque sempre sentín curiosidade por coñecer que sentido tiña o topónimo Falperra, en Vigo. O dicionario di que “Falperra” é un lugar onde se practican moitos roubos, e que a palabra procede dun topónimo, neste caso portugués. Vaia, entón onde está a orixe, no topónimo Monte da Falperra, próximo ao Bom Jesus de Braga? E os “Falperra” galegos, de Vigo ou da Coruña, teñen que ver con ese topónimo?

E tres. Eu, que ás veces son algo teimuda, hei de seguir dicindo, cando me pete, que gusto da poesía, e non deixarei de usar a palabra “alestir” para que non esquezamos que así se di reparar as redes do palangre e pouco a pouco alestiremos o noso propio aparello, con bolachas e outros moitos termos.
Comentarios (8) - Categoría: Cousas da lingua - Publicado o 30-08-2010 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Grazas por achegarnos eses termos e esas feituras, gostarei de empregalas.
Mire que o palangre que aliste non ten redes, só cabos, liñas e anzois.

Un día polos ríos adiante atopei que calquera recuncho do río é unha PANEIRA, e é onde viven as troitas.#blgtk08# Non sei se o din polo Tambre ou só un paisano que me atopei. Si que gostei da palabra.

Tamén oín por alí que: nos amieiros as veces vense camaleóns enmascarados, mais o home quería dicir encaramados e tampouco hai camaleóns por aquí. Asi que esa non vale.
Comentario por Hermaco (31-08-2010 18:55)
2 En Tomiño celebran a festa de Santa Calumbra, a santa que alumbra, que non é outr#blgtk08#a que Santa Comba ou Columba...

Bromas que nos fai a lingua, tamén
Comentario por Acuática (03-09-2010 20:44)
3 Interesante e ad#blgtk08#emáis aprendín.
Comentario por Mararía (03-09-2010 22:09)
4 Grazas #blgtk08#Mararía
Comentario por Acuática (04-09-2010 10:51)
5 That's a#blgtk08#mazing!
Comentario por Baby cribs (30-01-2012 20:42)
6 goo#blgtk08#d!
Comentario por replica louis vuitton (06-02-2012 15:52)
7 Just aw#blgtk08#esome!
Comentario por Learn more (29-11-2012 17:25)
8 Amazi#blgtk08#ng:)
Comentario por Scrapbooking stores online (23-04-2013 15:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática