acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Neno no ano 2000
debuxo de Tokio
Outra das cousas que atopei nesta reorganización de vultos, foi este poema do ano 1985 cun deseño de Tokio. Era a contraportada da miña carpeta. Por que o titularía así? tan lonxe vía o ano 2000 en 1985?

Neno no ano 2000

Coa mesma lasitude e o seu manto
chega por riba da cidade a brétema.
Pode cantar, pero só fala
cun timbre musical de frauta doce.
Lixos escuros en nubens gallopan,
cabalos esvaídos
que pintou un cativo coas mans cortadas.
O neno mira cos ollos cegos
a cidade coberta.
O neno respira con dificultade na súa burbuxa,
o excitante cheiro do petróleo
que se desprende do tubo de escape
de mil motos sonorizadas.
Din que antes había unha especie
(vexetal?): as flores.
O cativo mírase nas augas infestadas de Orillamar
grasentas e pesadas, escuras,
nas que patinan muxos
arelantes de penetrar nas cañerías.
Comentarios (3) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 25-08-2010 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 E imaxiñaches moi#blgtk08#ta destrucción!
Comentario por Mararía (26-08-2010 17:13)
2 Pois si, non sei ben por que... Se cadra ese temor a unha destrución cada vez máis plausíbel da que o único que non sabemos é a data en que se producirá.
<#blgtk08#br /> Por certo, será a miña ignorancia, mais non dei posto un comentario no teu caderno, dime que non identifica o Openid. Ía dicir que me gusta moito a páxina.
Comentario por Acuática (26-08-2010 17:43)
3 Non sei moi ben cómo va es#blgtk08#o do Openid, pero gracias!
Comentario por Mararía (28-08-2010 13:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática