acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

a dificultade do galego
Fun renovar o documento de identidade.

Agora, mentres procesan os datos, podes ir lendo como son recollidos. Así pasei os minutos, lendo que as entradas estaban en español (no documento que nos entregan están nas dúas linguas) e comprobando se os datos eran introducidos en galego. Ao final, o único dato en que se podía visibilizar o idioma era o sexo: “femenino”, mais no documento soamente figura un “f”.

Falei do tema coa persoa que me facía a renovación: “Estou comprobando que os datos estean en galego”. Entón dixo: “en gallego sería “feminino” no? Yo hablo castrapo, no sé gallego, soy de aquella época en que no se enseñaba gallego en la escuela, y yo no sé gallego, en casa si, falamos castrapo, pero eso non é galego... e o galego normativo é mui difícil”.

Non fun quen de articular algo coherente, algo dixen, sobre que non importan as normas senón usar o idioma, mais non sei como o dixen. O lugar e a sorpresa que me produciu o argumento de que o galego normativo é moi difícil, nunha persoa que me pareceu máis nova ca min, debería ter algunha hora de galego na escola, deixoume noqueada.

E non sei de que me sorprendo...
Comentarios (2) - Categoría: Cousas da lingua - Publicado o 13-08-2010 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Boa razón levas Marta... rematará algún día esta carreira de fondo á que estamo#blgtk08#s sometidas todos os días en todos os espazos? #écheoquehaimaisnonoquequeremos
Comentario por Nasa (17-08-2010 09:46)
2 Non o sei... en todo caso aí estamos nós, disposta#blgtk08#s ao que sexa necesario...

Saúdos.
Comentario por Acuática (18-08-2010 12:26)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática