acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Rural! Crónica dunha colisión política
De viaxe en París, alá na avenida Saint Germain, entrei na librería Album. Nada mais entrar atopei a BD que levaba buscando mais dun ano, e na súa versión orixinal: o sétimo capítulo de Murena, Vie des feux, de Dufaux e Delaby. E lanceime. Xa non vin máis, fun pagar na caixa. Mais entón deime conta de que a librería tiña un piso inferior. Daquela paguei e baixei, e alí botei o tempo que me quedaba, á dereita, á esquerda... Non atopaba nada de Davodeau e tiven que preguntarlle ao rapaz da librería, xusto había unha zona exclusiva para o autor que tanto me gusta e non pasara por ela.

Dous días despois traía na maleta Rural, crónica dunha colisión política. Hai tempo que comezara lelo, mais deixeino apartado, outras urxencias... o francés coloquial que se me dá máis regular có outro... Retomeino esta semana e lino dun tirón. Vaia! Que mal me sentín e canto me gustou! Si, si. Sentinme mal porque é a crónica de como lle afecta a un pobo unha decisión política, a construción dunha autoestrada que acaba tendo o peor trazado posíbel e o máis caro porque alguén, con poder, afastouna do traxecto inicial (prexudicáballe).



Davodeau dá conta de como esta decisión afecta a un grupo de granxeiros que fan agricultura ecolóxica, e aproveita para falar do movemento labrego, e tamén fala dunha familia que ten que abandonar a súa vivenda porque a autoestrada lle pasa por diante da porta xusto... E claro, identifiqueime de cheo... Fala tamén da asociación que se creou para loitar pola protección da zona...

Unha BD para ler, si, hai que lela. Asegúrovos que o final é fantástico, non volo conto, só dou traslado do texto da derradeira viñeta:

“L’inconvénient de ce genre de barrière, c’est qu’il faut forcément se situer d’un côté ou de l’autre. S’asseoir dessus, c’est se piquer le cul” que traducido un pouco libremente sería: “o inconveniente deste tipo de barreiras é que cómpre situarse dun lado ou doutro. Sentar debaixo é rañar no cu”
Comentarios (0) - Categoría: libros - Publicado o 26-07-2010 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática