acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

O amor da patria me afoga
“Eu cantar, cantar, cantei… si grasia en cantar non teño/ o amor da patria me afoga.”
Sempre con humildade, Rosalía desculpaba a falta de “gracia” dos seus versos, a falta de gramática, porén si deixa ben claro que naceron do máis grande amor á patria, un amor que afoga, e que foron escritos co “maior coidado en reproducir o verdadeiro espírito do noso pobo”. E nós, hoxe, debemos agradecer aquel esforzo, o seu atrevemento en romper coas barreiras do xénero e da lingua abríndonos camiño, levando á palabra impresa os poemas que lle nacían da alma e que querían, antes de nada, dignificar a Galiza, dignificar o seu pobo e a súa lingua, fermosa e útil, capaz de rir ou chorar, e sempre de dar conta dos nosos pesares, axeitada para criticar a unha España que lle viraba as costas a esta rica patria, espoliando os seus recursos, entre eles os seus mozos e mozas, tratados como negros na emigración a Castela. Rosalía sabía perfectamente o que quería transmitir e asumiu conscientemente ese cometido: “Así mo pediron /na beira do mar... /na beira do río ... /que cante e que cante /na lengua que eu falo.” E tomando o seu exemplo e a súa palabra reclamemos o que nos pertence, sen medo do moucho, berrando alto e forte, por riba dos valados de “tantas cousas que ... parecen trampa”, que reivindicamos un completo uso público do Panteón de Galegos Ilustres, un espazo laico de xestión pública, aberto ao pobo que decidiu levar alí os seus símbolos nacionais para honralos e lembralos, aberto á sociedade que o día 15 demostrou, unha vez máis, a seu amor á nación de Rosalía.

Artigo publicado en A Nosa Terra, xullo de 2010.

Foto: Tokio 2010
Comentarios (0) - Categoría: artigos - Publicado o 22-07-2010 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática