|
|
|
|
15 de xullo |
|
Mañá ás 3 da tarde collerei o autobús que me levará ao cemiterio da Adina. Desde alí iniciaremos o cortexo cívico-reivindicativo cara a Bonaval. 125 anos depois do seu pasamento, 119 anos despois de que nun acto como o que mañá reviviremos se inaugurase o Panteón dos galegos ilustres, temos que tornar ás portas de Bonaval para reclamarmos o que é lexítimo, o que é de dignidade e de dereito.
Algo se moveu desde que o acto se fixo público, mais nós reivindicaremos o uso público do Panteón , porque queremos seguir honrando aos que nos precederon, honrándonos a nós mesmos, cada vez que o precisemos e decidamos.
En blogues pola lingua, alguén propoñía o outro día facer unha entrada nas nosas xanelas poñendo un poema de Rosalía o día 15 de xullo, baixo o título de: "Así descubrín a Rosalía..."
Mañá colocarei ese poema, o primeiro poema de Cantares Gallegos, na edición de 1963 que un día atopei no armario do corredor na miña casa de Vigo, gardado desde a mudanza canda outros exemplares de Galaxia de antes de nacer eu, todos eles forrados con papel de estraza azul.
Tería eu 12 anos, ou menos, e iniciei o que logo foi unha relectura constante dos seus versos. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|