acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

O mar entra na Academia
Foto do fondo documental da AELG“Os galegos somos coma os salmóns. Se queremos buscar as nosas augas puras e primixenias e seguirmos sendo coma nós mesmos, se queremos sobrevivir, sermos fieis á nosa identidade, temos que deixar o ancho mar do castelán e impulsarnos contra corrente, polos cursos estreitos e doces, río arriba, polos nosos ríos galegos, con perigo de topeñar nalgún penedo, ou de sermos comidos por algún oso no camiño.”

Así comezaba o discurso de ingreso na Academia Galega de Bernardino Graña. As veciñas e os veciños de Cangas, e todas e todos os que desexamos acompañar a Bernardino neste momento trascendental para todos e todas nós, puxémonos en pé para mostrarlle ao poeta o orgullo de sentírmonos representadas e representados a través dos seus versos na institución que un día crearon os nosos antecesores.

Non era sen tempo. Era de xustiza. Bernardino ocupa a cadeira que lle corresponde e canda el entraron todo o sal do mar, as maragotas, os arroaces, o gato da tasca mariñeira, as chalanas da ría de Vigo e as mulleres contadoras de historias.

Bernardino falounos dos contos, da importancia da literatura oral que “é realmente un produto popular, creado polas mulleres de Galicia (tamén polos homes)...” e a través da comprobación do carácter internacional desa literatura que sobreviviu ao longo dos séculos salvando con ela á lingua e ao propio pobo, levounos até o Conto gallego de Rosalía, para afirmar rotundamente, contradicindo a Carballo Calero, que o Conto Gallego si é un conto feminista, digno de Rosalía.

Parabéns querido e admirado Bernardino Graña.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-06-2010 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Non sabes o leda que quedo de ler teu comentario. O facebook volcouse nos#blgtk08# premios Xerais.Si empezamos a desbotar intelectuais imos quedar horfos.
Comentario por Loli (15-06-2010 13:22)
2 Pois Bernardino ben se merece que nos volquemos nel, e o seu discur#blgtk08#so é digno de ser escoitado, lido e relido, unha dose de dignidade.
Comentario por Acuática (15-06-2010 14:58)
3 Bernar merece o noso apoio todo e máis.#blgtk08#r /> Xa tardaban en chamalo para a RAG.
Comentario por Hermaco (17-06-2010 00:11)
4 Concordo Her#blgtk08#maco
Comentario por Acuática (17-06-2010 16:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática