acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

destinataria perdida
O sábado recibín este correo:
"Ola Marta, chámome Kalina e entre eu e os meus compañeiros estamos escribindo un blog sobre diferentes autores. Unha pregunta, un tanto rara poderás dicir, pero é a miña dubida, é a seguinte: Onde foi o lugar mais extraño ou extravagante onde escribiche?"

Pois ben, traio aquí este correo porque aínda que escribín e enviei a resposta, non debeu chegar á súa destinataria, xa que veu de volta, sinal de que o correo que me chegou contiña algún erro.

Así que, deixo aquí aquela resposta, para Kalina ou para quen interesar:

"Non sei se a resposta á túa pregunta é exactamente un lugar ou máis ben unha situación:

Lembro dúas:

Un dos poemas de Setembro, o que fala da estirpe da femia mutilada, foi escrito, máis ben, foi imaxinado e memorizado, mentres ía pola rúa camiño do supermercado, para cumprir con labores domésticos necesarios.

Noutra ocasión precisei de que o copiloto botase man de papel e bolígrafo para ditarlle o poema que estaba asaltándome na cabeza, tamén é un poema que está publicado, mais agora non lembro onde.

As dúas situacións son moi habituais para min, por iso levo sempre comigo unha libretiña ou, nesta era dos achados técnicos, conecto a gravadora do móbil."

E é así, cantas veces teño que parar e gravar (confeso que aínda quería que fosen algunhas máis...)
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-06-2010 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 É curioso como a cabeciña dá voltas nos momentos máis inadecuados, como tamén o é que, de non p#blgtk08#illar a idea no momento xusta, a idea esvaece e non se volve recuperar.

Saúdos.
Comentario por A nena do paraugas (08-06-2010 05:40)
2 cantas ideas se teñen esvaecido por#blgtk08# falta de memoria/papel/copiloto :)
Comentario por Maruxa (08-06-2010 13:01)
3 Si, é ben curioso como e cando se lle pode ocorrer a unha un poema e #blgtk08#certo é tamén cantos deles se teñen perdido... Ai! Eran os mellores.
Comentario por Acuática (08-06-2010 14:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática