acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

A escritora na súa terra: Marilar Aleixandre

Onte homenaxeamos a Marilar Aleixandre na súa terra, Compostela. Así que, onde estará o parque Marilar Aleixandre, xusto por fronte do campus sur da universidade, nunha rúa que agora chaman de Barcelona, mais no lugar que desde que as galegas poboaron Compostela recibiu o nome de Leiroas, está erguido o chanto (con este nome quere Marilar que denominemos aquela laxe vertical) en que un poema seu fala da cidade: esa cidade que debe manter as “parediñas” de pedra, teimar na súa forma granítica, elemento esencial da súa identidade.

Ao lado, o abruñeiro, elixido por Marilar por ser unha árbore ventureira que aínda ocupa o seu lugar no monte, lonxe das serras mecánicas que derraman os valados ancestrais para substituílos por globalizadores muros de cemento. Un abruñeiro que xa portaba pequenos e agres froitos, ameixas silvestres que deixarán fonda pegada nas nosas bocas.

Foi unha fermosísima homenaxe. E Marilar meréceo. Todos os discursos: o de Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritores, o de Mercedes Queixas, a secretaria, a fermosísima e esclarecedora laudatio de Ana Romaní, que nos falou do ollo de vidro violeta de Marilar, e que dixo, con toda claridade: “non falo de poesía de muller, falo de feminismo” foron uns magníficos discursos. E, por suposto, o discurso final de Marilar, no que nos explicou por que gallou a lingua para escribir, por que elixiu Compostela, unha cidade inventada, como realizou unha inmersión total en Toba, Cee, da que saíu con esta lingua que nos regala en cada libro, ou como e por que en 1974 ela, que naceu en Madrid cun billete de metro nos dentes, de pai andaluz e nai valenciana, comezou un día dar as súas clases de ciencia en galego. Fermosas palabras as súas, fermosas tamén para lembrarlle ao alcalde de Compostela, presente, que alí onde as rúas hoxe seguen un trazado rectilíneo e se chaman de Barcelona ou de Bilbao, hai máis de douscentos microtopónimos que agora sobreviven nunha listaxe de papel.

Fermoso día.

Parabéns Marilar Aleixandre.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-06-2010 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Con o que está costando crear un imaxinario de noso, sacar fora o noso modo de ver e sentir. Non teño ningun problema en falar de palabra#blgtk08# femenina, négome a ver nela connotacions negativas. Estou a reler "La loca en el desván"de Gilbert y Gubar e síntome moi revindicativa.
Comentario por Loli (06-06-2010 15:20)
2 Efectivamente, a NOSA é das maiores contribucións q#blgtk08#ue está a recibir a literatura dos últimos tempos.
Comentario por Acuática (06-06-2010 22:09)
3 Unha muller cun grande merecemento, unha galega íntegra.
Tiven o pracer de trab#blgtk08#allar con ela un par de veces en proxectos comúns, canto se aprende dunha persoa así.
Comentario por Hermaco (07-06-2010 19:45)
4 Parabéns Hermaco, por ter ent#blgtk08#re as súas mestras a Marilar.
Comentario por Acuática (07-06-2010 20:05)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática