acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Darth Vader-Feijoo
Darth Vader avanza cara ao Obradoiro desde a Estrela da morte que hoxe ocupa o mesmo lugar da Cidade da Cultura. Atrás del as tropas imperiais. Atravesando as rúas da cidade vai deseñando na súa cabeza a estratexia a seguir para destruír Alderaan, porque é o seu obxectivo converter o país-planeta temperado de fermosas paisaxes nunha poeirenta nebulosa de asteroides, símbolo da súa destrución final. Atrás del camiña o Conde Dooku, quen acaba de demostrar definitivamente a súa conversión. Despois de perpetrar o crime, poñendo os seus coñecementos ao servizo do Imperio, recibirá en premio o nome de Darth Tyranus e guiará as tropas androides, tan inconscientes e manipulábeis, contra a República.
Darth Vader pasará a historia como o exterminador dos que nobremente gardaron as tradicións da República e a súa identidade. O seu nome produce terror a uns e repulsión a outros. Alí onde a Alianza Rebelde se mobiliza para reclamar os dereitos que lle corresponden, preséntase Darth Vader para ocultar coas súas repulsivas artimañas a lexítima loita dos rebeldes. Todo o destrúe e manipula, sempre ao servizo de Darth Sidious, que comodamente observa desde a capital do Imperio.
Por iso camiña cara ao Obradoiro, corazón de Alderaan, será o primeiro lugar en ser destruído, derrubará todos e cada un dos edificios que o rodean, esfarelará as pedras do chan, para que non quede proba das manifestacións rebeldes. É a súa misión estender o Imperio, e nada, nada se pode interpor.
co derradeiro alento de vida, Darth Vader asumiu o erro cometido e, sen folgos xa, renunciou ao lado escuro. Teremos que agardar tanto?

Maio de 2010.

Este é o artigo enviado esta semana a A Nosa Terra. Comezouse xestar na miña cabeza o venres ao mediodía, despois de ver na TVG algunhas imaxes do desfile das tropas imperiais cara ao Obradoiro con motivo do 30 aniversario de Star Wars. Ademais contei coa colaboración entusiasta de Aldán López, bo coñecedor da saga. A verdade é que botei unhas risas e que xa non é a primeira vez que vexo Star Wars en paralelo coa nosa realidade (no seu día non gocei nada da 3º ou derradeira entrega porque estaba vendo na pantalla un conflito político do momento, representado por Palpatine e Anakin Skywalker).

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Comentarios (6) - Categoría: artigos - Publicado o 29-05-2010 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 A voz non lle pega moito, pero as ganas de #blgtk08#destruir, por destruir, ten tantas ou máis.
Comentario por A cruz da Campá (30-05-2010 00:09)
2 O da voz é porq#blgtk08#ue disimula...
Comentario por Acuática (30-05-2010 10:26)
3 Venlle que nin pintado, a ver se f#blgtk08#an unha nova versión no obradoiro.
Comentario por Hermaco (31-05-2010 12:10)
4 A verdade é que non #blgtk08#me puiden resistir.
Comentario por Acuática (31-05-2010 21:18)
5 Interesante esa visión súa da realidade en paralelo. É a segunda persoa da que sei ten esta afección. Un día procurarei de xuntar a vostede e ao #blgtk08#Séchu para que combinen pareceres -el ten a engádega de mesturala con escritoras e escritores do noso país-. Matinarei para argallar o conto ;-)
Comentario por Nasa (02-06-2010 18:58)
6 Interesante, interesante... #blgtk08#Xa non podo coa curiosidade!
Comentario por Acuática (02-06-2010 20:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática